Como xa sabedes, a Carreira do Día da Paz que se celebra no cole de Seixo, este ano estaba destinada a colaborar con xogos didácticos e material escolar para o CEIP CARME MIQUEL de Algemesí (Valencia), un colexio afectado pola DANA. Podedes lembrar a carreira premendo AQUÍ.
E, por fin, despois de xuntar todo o material e de facer unha morea de xestións... podemos dicir que a nosa colaboración xa está no seu destino!!
Ademais dos materiais e os xogos, cada clase preparou mensaxes para as clases do cole de Valencia, para mandar mensaxes persoais e especiais de ánimo. Dende o CEIP Carme Miquel mandaron de volta mil agradecementos, quedaron sen palabras vendo a xenerosidade dos Galegos! Dixéronnos que foi unha axuda que precisaban moito e que non teñen palabras para agradecelo.
Por aquí vos deixamos varias fotos nas que podedes ver todo o material enviado coa recadación, dos 1.261,84 €, que se xuntaran na carreira grazas á xenerosidade de alumnado, familias e profesorado, incluidos os veciños da Galiña Azul.
![]() |
Aquí hai unha mostra do material escolar enviado, pero eran moitas máis unidades. |
Non queremos rematar esta actividade sen antes agradecer dun xeito moi especial a colaboración de Carlin Papelerías polos seus xenerosos descontos aplicados, A Balea das Cores polas súas doacións e super descontos feitos para este fin, a Correos Marín por todas as súas xestións administrativas e á Librería Arroyo de Ponferrada (a librería da mamá da nosa profe Alexia) por todo o material escolar doado para enviar a Valencia.
GRACIAS POR DEIXAR A VOSA PEGADA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario