sábado, 10 de maio de 2025

ARGALLANDO NA RADIO DE SEIXO

 O Alumnado de tercer ciclo do noso cole, leva "Argallando" na radio todo este curso co programa  de radio ARGALLANDO EN SEIXO, que xa leva máis de vinte programas falando de diferentes temas, algunha entrevista e acompañados por unha selección musical.


Pincha AQUÍ ou en calquera das imaxes para acceder ao ivoox do cole e escoitar calquera dos programas de Argallando en Seixo, dos aniversarios mensuais, de "teño unha canción para tí"; e todos os podcast que están gravados na plataforma.


Estes programas están feitos integramente polo alumnado, dende a escaleta ata a gravación na mesa de son, e como todos somos novos neste campo, esperamos que desculpedes os nosos fallos.


Grazas por escoitarnos!







Ningún comentario:

Publicar un comentario