O 17 de maio, día das Letras Galegas, é unha data moi especial no calendario. É unha forma de homenaxear a quen contribuíu a darlle prestixio á nosa lingua e a combater os prexuízos. Este ano dedícase ás cantareiras, as grandes transmisoras e conservadoras da cultura oral galega. E, un ano máis, celebrámolo cos compis do cole de Ardán: o rural de Marín unido polo galego!
Fixemos unha andaina ata A Pradeira, e este ano foi unha andaina moi especial acompañados coa gaita grazas a Sergio, o pai de Leo e Olivia; e a María, a filla de profe Elena, que nos amenizou coa pandeireta, graciñas aos doús pola vosa compañía nesta festa. Ademais Sara, de 6º, a profe Bea e a profe Sabela, tamén nos deleitaron coas súas pandeiretas. E máis instrumentos nos acompañaron na andaina: cunchas, craves... unha delicia de paseo!
Fomos ata A Pradeira, onde cada ano nos abren as portas con moito cariño. Alí xogamos e desfrutamos do entorno e tamén da convivencia e da música tradicional galega con AC POLAVILA METALXIS. Ademais de coñecer moitos instrumentos tradicionais, como os que usaban as cantareiras, bailamos e cantamos a canción que ensaiamos co profe Tano. Unha festa marabillosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario