Hoxe temos unha noticia triste pero ao mesmo tempo moi alegre. Despedimos a unha profe pero por un bo motivo: chegou o día da súa xubilación!! Somos moi afortunados porque, despois de toda unha vida adicada á ensinanza, a profe Maricarmen despídese en Seixo.
Aquí viviu os seus 11 últimos cursos, e os nenos e nenas da súa última titoría queren despedila como merece e de parte deles é este vídeo tan divertido e emotivo!
Nunca esquecerán os seus primeiros anos no cole e a súa primeira profe en Seixo... teñen un montón de bos recordos... neste vídeo vos deixamos algúns.
Aínda que este fin de curso é moi raro, tamén é único e especial, como a profe Maricarmen: non calquera se xubila nunha pandemia!!
Profe: non podemos despedirte con bicos e apertas como nos gustaría, pero sabemos que esta despedida virtúal será inesquecible! Seixo sempre será a túa casa, ven moito a visitarnos. Bicos mil de tantos nenos e nenas que estiveron na túa clase e de todo o profesorado que compartimos contigo esta aventura.
Preciosa despedida para unha linda mestra..
ResponderEliminarXubilación , xubilació..viva a xubilación!!!
un bicazo enorme da familia Bernárdez Garcés.. que inda que non compartimos aula contigo, levamos moitos anos compartindo comunidade!!
un bicazo enorme.
... y precioso comentario... Gracias Uxia!!!
Eliminar