Quen nos ía a dicir o 12 de marzo que esa despedida era para tanto tempo? E aquí estamos, case 3 meses despois enviando o último boletín de actividades de infantil. Cada un destes boletíns foi feito con moito cariño para poder seguir, de algún xeito, en contacto con cada neno e nena aos que tanto botamos en falta. As tecnoloxías foron un recurso imprescindible para poder seguir en contacto, pero nunca substituirá o cara a cara que tanto desexamos recuperar!!!
Esperamos que desfrutedes con estas últimas propostas, e, aínda que a próxima semana non haberá boletín de infantil, tamén publicaremos o luns pero haberá sorpresas!!!
Aquí vos deixamos os enlaces aos diferentes boletíns. Botádelle un ollo ao blog de orientación que esta semana a profe Laura pon unha actividade moi interesante para infantil.
Picade nas imaxes que vos correspondan e accederedes directamente a cada información.
E coma sempre, non esquezades que cada día que pasa é un máis pero tamén un menos para o regreso á normalidade.
Ánimo e responsabilidade !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario