luns, 15 de xuño de 2020

REMATA O CURSO

Moi boas a todas e todos!
Xa non queda nada, un ano máis chegamos ao remate do curso escolar. Este ano dun xeito diferente pola situación que xa todos coñecemos de sobra. 
Pero por iso mesmo e porque é diferente queremos propoñervos as últimas actividades para que vos animades a participar...
Prestade moita atención que comezamos!!!
INFANTIL
Unha actividade para que os máis pequerrechos se poidan despedir dos seus compañeiros e compañeiras, aínda que sexa de xeito virtual, e desexarse entre eles unhas felices vacacións.
Convidámosvos a participar enviando vídeos cunha temática refrescante e de verán: con gorros, roupa de verán, no río, na piscina, de picnic, na praia, xogando na area, e todo o que se vos ocurra...
Lembrade gravar os vídeos de forma HORIZONTAL. Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as vosas despedidas. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027
1º, 2º, 3º, 4º e 5º
I CONCURSO DE PORTADAS 
AXENDA ESCOLAR 2020-2021
Para todo o alumnado de primaria, excepto os de 6º que xa nos deixan este ano, propoñémosvos que fagades o voso deseño para a portada das axendas do vindeiro curso escolar.
Obrigatorio: os debuxos deben ser feitos en VERTICAL e o noso querido Arnaldo ten que aparecer nelas. A portada que resulte gañadora terá que ser entregada no cole para a maquetación das axendas do vindeiro curso. Non vos esquezades de darlle cor!
Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as fotos das vosas montaxes. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027
DESPOIS DE 9 ANOS...
REMATAMOS CONFINADOS
Unha actividade única e exclusivamente para os nenos e nenas de 6º. Eles son os que, este ano, deixan o cole e por iso, dende a distancia á que nos obrigou estar esta situación, non queríamos perder a posibilidade de ofrecervos unha despedida diferente.
Propoñémosvos que vos gravedes facendo un vídeo moi especial de despedida. A vosa profe María José vaivos dar máis indicacións dende o seu blog "LUPA DIXITAL".
Lembrade gravar os vídeos de forma HORIZONTAL. Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as vosas despedidas. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027

¿POR QUÉ PEDIMOS...
VÍDEOS EN HORIZONTAL?
Sempre que vos pedimos vídeos para o cole insistimos e somos uns pesados nisto, en que sexan horizontais, pero e que esta petición é moi importante para que quede ben a montaxe. E que cando se grava ou se fai unha fotografía en horizontal a montaxe queda así...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTAS ÚLTIMAS PROPOSTAS!

OS PROFES TAMÉN ESTÁN ARGALLANDO UNHA SORPRESIÑA!

ESTADE MOI ATENTOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario