O alumnado de sexto visitou a casa da cultura de Seixo dentro do proxecto deste trimestre para poñer o seu gran de area e colaborar na mellora deste entorno que usan a diario.
Despois dunha pequena caminata ata o centro, Vilas, o que xa coñecían todos, fíxonos un pequeno percorrido pola casa da cultura.
Despois presentounos unha pequena exposición de láminas de pintores galegos (algúns asociados a Marín) que coñecían os rapaces e rapazas.
Despois estiveron colocando uns carteis que elaboraron na aula despois de debatir as problemáticas que eles observaban no día a día no uso da casa da cultura, axudaron a limpar un pouco o parque, lemos, coñecemos un pouco máis a ese mítico personaxe de Seixo chamado Jhon Balan e tamén xogamos.
Aquí deixamos unhas imaxes da mañá.
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario