xoves, 2 de febreiro de 2023

IV CARREIRA SOLIDARIA

Seguimos RqueR e por iso este ano celebramos o día da Paz cheo de erres, porque unha R moi importante tamén é Repartir: temos tanto que non hai nada mellor que compartir cos demais. 

Por iso festexamos o día da PAZ recollendo alimentos que Cáritas Santomé e AMENAC se encargarán de repartir: xuntamos un montón de galletas e cacao (que é o que nos pediron dende as ONGs).

Fixemos a "IV Carreira Solidaria: corre con Arnaldo" que, por fin, puidemos volver a compartir coas familias e cos veciños da Galiña Azul: eramos un montón!!


Por suposto non gastamos papel nin tinta para facer os dorsais, trouxemos teas vellas e cada un fixo o seu: foi moi divertido e quedaron preciosos! Ademais xa están gardadiños para reutilizar o ano que ven!


Deixámosvos por aquí un vídeo resumen da carreira:


Grazas á colaboración de Supermercados Camar e de Augas San Xinés repartimos auga, froita e iogures a todo o alumnado. Unha vez máis graciñas ás mamás da ANPA que nos axudaron a repartir toda a merenda. Grazas tamén ao Concello de Marín por prestarnos o arco.

xoves, 26 de xaneiro de 2023

NOVIDADES PARA ADULTOS

Ola a todos e a todas,
Hoxe tócalle a Nikela contarnos as novidades da nosa biblio.

Nesta ocasión son libros para adultos.
Así que pasade pola nosa biblio que xa están esperando!!!

mércores, 25 de xaneiro de 2023

IV CARREIRA SOLIDARIA

Que alegría sentimos ao poder anunciar a carreira solidaria deste ano, porque xa non hai restriccións e podemos compartila coas familias, cos veciños da Galiña Azul... que ganas!



Está é unha carreira simbólica na que todos, alumnado, familias e profesorado, correremos pensando nos que nos rodean, nos que teñen menos... e farémolo con ganas de axudar e aportar o noso gran de area.
Grazas á colaboración de Supermercados Camar e de Augas San Xinés repartiremos auga e froita a todo o alumnado. Aproveitamos para avisar que ese día non se venderan bocatas.
Lembrade traer roupa cómoda para desfrutar a tope da actividade!

mércores, 18 de xaneiro de 2023

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 A casa de Arnaldo no n paran de chegar novas revistas.

Hoxe, Xiana fálanos delas.

xoves, 12 de xaneiro de 2023

CALENDARIO 2023

Este ano, o proxecto do cole chamámolo RqueR porque queremos coñecer diferentes erres que nos axuden a coidar o mundo e darnos conta que hai moito que podemos facer aínda que sexamos pequenos. 

Cada clase encargouse de ilustrar un mes cunha R que nos pode axudar a coidar o noso planeta, mirádeas con atención que seguro que descubrides algunha!


Algúns xa o están espremendo nas aulas e outros levarano para casa con algúns consellos para sacarlle partido: poñédeo nun lugar especial que seguro que lles fai ilusión!!

venres, 30 de decembro de 2022

MAXÍN DE AVENTURAS!

Un ano máis, os Equipos de dinamización lingüística do Morrazo elaboramos unha guía chea de ideas para facer agasallos en galego: libros, música e incluso xogos, organizados por idades. Jhosua XanBreo foi o ilustrador que este ano se encargou de darlle vida ás guías. Joshua é o propietario de "Gáidil", un espazo friqui, en Bueu, que é unha tenda de cómics e unha aula creativa na que da clases de debuxo, pintura, cómic e ilustración para nenos e maiores. Premede na ilustración se queredes coñecer un pouco máis sobre Gáidil.


O día 22 todo o alumnado levou para casa a súa guía, a cal inclúe recomendacións para adultos, que esperamos que vos resultase útil. Deixámola tamén por aquí por si queredes compartila, que aínda hai que darlle ideas aos reis.
Está é a de infantil:


A de primaria:


A de secundaria:

xoves, 29 de decembro de 2022

ACTIVIDADES ESPECIAIS DE NADAL

Ademais do festival de Nadal que xa compartimos con vós (premede AQUÍ si queredes velo), a última semana de clase tivemos moitas actividades especiais para todo o alumnado, dende 3 anos ata 6º, encántanos o Nadal!
O día 20 a chuvia deunos unha tregua e puidemos desfrutar do tren do Nadal que o concello mandou ata Seixo para facernos pasar unha mañá diferente e divertida.

O día 21 a hora da merenda foi moi especial, sobre todo porque foi compartida, e encántanos montar unha mesa común e compartir as nosas merendas: así saben mellor!


O último día a ANPA fixo chegar a todos os socios un agasallo moi especial que nos axudará a seguir RqueR: unhas tazas personalizadas (cos nomes) para usar nos días especiais e evitar usar vasos de tirar, encantáronnos!!


Para estrealas, a ANPA endulzounos cun rico chocolate con churros co que, literalmente, chupamos os dedos.

 

E non podíamos despedir o trimestre sen unha visita máxica que nos fixo mooooita ilusión. Mamá Noel pasou polo cole a saudarnos e repartir máis emoción e ilusión nestes días tan especiais.

 

Graciñas a ANPA Abelendos porque sen elas nada disto sería posible: sodes as mellores!