luns, 18 de decembro de 2023

GUÍAS DE LECTURA 2023

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas, en equipo, pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
O obxectivo é facer suxestións de lecturas, xogos e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Aquí tendes as 3 guías, adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que as casas se enchan de boas lecturas!
 



Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a mar Sanmartín Lorenzo, alumna do CEIPP Castrillón-Coiro que nos fixo esta fermosa ilustración para as guías!

martes, 5 de decembro de 2023

XOGANDO XUNTOS!

Premendo AQUÍ podedes ver o ben que o pasamos este ano no Magosto. Ese día a chuvia non nos deixou facer os xogos, pero non nos puidemos resistir a facelos outro día: encántanos xogar xuntos! Aos maiores encántalles axudar ao peques, e aos peques encántalles xogar cos maiores.

luns, 4 de decembro de 2023

CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS POR UN DÍA

 Para celebrar o mes da Ciencia, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria púxose na pel de verdadeiros científicos e científicas e experimentou coa Ciencia en todas a súas formas posibles. Así mesmo, as nenas e os nenos observaron as diferentes reaccións químicas que se producen mesturando zumo de limón, xabón e bicarbonato de sodio e descubriron os súper poderes da tinta de cúrcuma, entre outras moitas  curiosidades. 

Que ben o pasaron!


CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA EXPERIMENTANDO!

Novembro é o mes da ciencia, e non hai mellor forma de celebralo que experimentando. Por iso, durante este mes, nos obradoiros do recreo dedicámonos a facer experimentos con todo o alumnado.
Os nenos e nenas de infantil e 1º xogaron a facer espuma... e pasárono fenomenal!!


O alumnado de 2º e 3º, con bicarbonato e auga, fabricaron neve... e cada un fixo o seu boneco!!! Que textura tan gustosa, que ben o pasaron!!


Os maiores inflaron globos sen soprar, usando unha mestura de bicarbonato e vinagre... un experimento explosivo e divertido!!!

luns, 27 de novembro de 2023

25N: Contos vellos, novos finais

Con motivo do 25N, o Concello de Marín invitounos a desfrutar dun espectáculo de Caxoto co obxectivo de colaborar na educación en valores de igualdade de xénero e contra a violencia. Na súa contada, Caxoto recreou escenas cotiás e historias a través de experiencias de narración oral compartida e participativa.

mércores, 22 de novembro de 2023

CELEBRANDO O DÍA DA MÚSICA

No cole de Seixo xa empeza a ser unha tradición e unha sorte enorme poder contar coa Banda de Música de Marín para celebrar o Día da Música dunha maneira diferente e espectacular...
Un ano mais puidemos gozar un montón con esta agrupación...
Fixeron dúas actuacións nas que todas as nenas e nenos do cole nos dividimos en dous grupos para así disfrutar aínda mais desta celebración.
Comezaron presentándonos os instrumentos e as familias ás que pertencía cada un...

E interpretaron pezas solistas para poder percibir os sons de cada instrumento...

E como non podía ser doutra forma, non faltaron as pezas musicais para que as puideramos cantar e bailar...

Como estades podendo comprobar pasámolo xenial. Por aquí vos deixamos máis fotiños...

Antes de despedir a celebración fíxoselle entrega a cada membro da banda e a cada nena e neno do cole dun pequeno recordo conmemorativo desta data...
Uns chaveiros feitos na impresora 3D do noso cole!