martes, 23 de xaneiro de 2024

VISITA DEPORTIVA AO CEIP de SEIXO-MARÍN

O CEIP de SEIXO, o martes 16 e mércores 17 de xaneiro, recibiu a  visita do Club BUEU ATLÉTICO BALONMÁN. O alumnado de 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP, a través de tres integrantes do clube, realizaron unha primeira toma de contacto co seu deporte, o balonmán. 
A continuación, deixamos un vídeo onde amosamos unha pequena parte das sesións tan dinámicas e divertidas coas que nos motivaron para empezar a practicar o Balonmán.
Moitas grazas pola visita e ata outra.


luns, 15 de xaneiro de 2024

CALENDARIO 2024

 Este ano, o proxecto do cole chamámolo SEIXO CHEO DE VIDA porque queremos coñecer a fauna e a flora de Seixo, coidar o mundo e darnos conta que hai moito que podemos facer aínda que sexamos pequenos. 

Cada clase encargouse de ilustrar un mes con debuxos sobre a "vida" en Seixo (que tamén forman parte do novo mural pintado no colexio) e sobre o que nos pode axudar a coidar do noso planeta, mirádeos con atención que seguro que descubrides algún coñecido!

Algúns xa o están espremendo nas aulas e outros levarano para casa con algúns consellos para sacarlle partido: poñédeo nun lugar especial que seguro que lles fai ilusión!!

V CARREIRA SOLIDARIA CORRE CON ARNALDO

 

sábado, 30 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

E por fin chegou o día... moito traballiño levamos!
Con qué ilusión, entusiasmo e dedicación estivemos preparando todas as actuacións...
Mirade, mirade!
Así estaba o ximnasio xusto antes de comezar... qué nervios!
Pois xa non vos facemos esperar máis e por aquí vos deixamos a presentación...
E os primeiros en actuar foron ás nenas e nenos de 4º de infantil que estiveron preparando unha versión moi orixinal de Elvis Crespo de "EL BURRITO SABANERO"...
A continuación tocoulles subir ao escenario ás nenas e nenos de 5º de infantil que interpretaron unha panxoliña titulada "QUE VEÑA O NADAL"...
E para pechar a quenda do alumnado de infantil, as nenas e nenos da clase de 5 anos interpretaron un tema de La Oreja de Van Gogh: "LA LUZ QUE NACE EN TI"...
Para cambiar un pouco de estilo, as nenas e nenos da clase de 3º de primaria fixeron un playback coa canción do grupo ACDC: "THUNDERSTRUCK"...
O alumnado de 1º de primaria interpretou unha panxoliña titulada "CHEGOU O NADAL"...
O alumnado de 5º de primaria da man do orientador do cole, prepararon unha versión de "JINGLE BELLS" para pauciños chinos...
Tocáballe agora o turno ás nenas e nenos de 2º de primaria que interpretaron unha panxoliña moi diferente, orixinal e divertida: "EL ESTORNUDO"...
A clase de 5º de primaria volveu subir ao escenario para facer un baile dunha canción de Ozuna: "LLEGÓ LA NAVIDAD"...
Coa actuación das nenas e nenos de 4º de primaria iamos chegando ao remate do Festival. Eles interpretaron unha canción de Bruno Mars, titulada Marry You, nunha adaptación de nadal: "LA ESTRELLA DE LA NAVIDAD"...
A clase de 6º de primaria foi a encargada de facer a última actuación do Festival de Nadal deste ano. Prepararon un baile coa canción de "JINGLE BELLS" (Basshunter) moi pero que moi divertido, por aquí volo deixamos...
E como xa é tradición o Festival non podía rematar sen a actuación das mamás e papás da nosa ANPA ABELENDOS que, acompañados por profes, un ano máis nos quixeron sorprender cunha panxoliña tradicional totalmente adaptada ao proxecto de centro deste ano: SEIXO CHEO DE VIDA. Por aquí vola deixamos!
Esperamos que teñades disfrutado tanto coma nós de todas estas actuacións.
Só nos queda desexarvos unhas moi...
FELICES FESTAS!

venres, 29 de decembro de 2023

UN NADAL PARA COMPARTIR!

O Nadal no cole estivo cheo de actividades especiais e compartidas. Xa vos contamos as actividades conxuntas de infantil e os obradoiros de Nadal (podedes velos premendo no nome de cada actividade).
Fixemos moitas cousas xuntando as aulas, unha das máis esperadas foi a viaxe en tren á que todos os anos nos convida o concello de Marín... encántanos!!


O alumnado de primaria foi ao cine de Seixo para desfrutar xuntos de "Robot dreams", unha peli sen palabras pero con moitiiiisima mensaxe.


Varios cursos de primaria e infantil fixemos unhas postais moi especiais e saímos a correos para envialas.


Despois do festival do último día saboreamos un delicioso chocolate con churros que, un ano máis, a ANPA preparou con moito cariño: para chupalos dedos!!!

E recibimos a visita máis esperada: Papá Noel fixo unha paradiña en Seixo para saludar ao mellor alumnado do mundo mundial!
 


E non queremos pechar este resumo do nadal sen felicitar a ANPA Abelendos e ao alumnado de 6º polo moito que traballaron para montar un precioso posto no mercadillo de Nadal das ANPAS de Marín. Ademáis de estar moi bonito e de ver moito traballo detrás, daba gusto ver a implicación das familias e do alumnado. Noraboa polo bo traballo!!!


Estade atentos que pronto publicaremos 
os vídeos do festival!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

O Tren dos desexos

 Ola familias!!!

A rapazada de Seixo quere dedicarvos este vídeo, que fala dos soños, da necesidade de ter unha meta na vida, e do esforzo e o traballo que iso supón. En Seixo estamos moi implicados cos nosos soños, temos soños pequenos, que imos cumprindo día a día, e soños grandes, que esperamos que algún día poidamos alcanzar, sempre contado coa vosa axuda e a dos profes tamén, para iso estamos!!

Desexarvos tamén unhas boas festas, e unhas merecidas vacacións, vémonos á volta!!!

venres, 22 de decembro de 2023

OBRADOIROS DE NADAL

Unha das opcións creativas do Nadal son os obradoiros voluntarios durante o recreo, para o alumnado de primaria. Este ano tiñan moitas propostas con diferentes técnicas, material de refugallo… 
Está claro que só temos que ofrecer material variado e ferramentas, que con toda a creatividade que ten o alumnado: saen verdadeiras obras de arte!!!