Hoxe celebramos o Día das Escritoras, a data elixida é o luns máis cércano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. É unha iniciativa promovida, desde 2016, pola Biblioteca Nacional de España buscando reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Nós quixemos homenaxear e dar visibilidade ás escritoras que enchen os andeis da nosa biblioteca, en especial as galegas, a través dunha pequena investigación feita para montar esta exposición.
Tamén recordamos as escritoras que nos visitaron e que deixaron a súa pegada no noso libro de visitas como Ledicia Costas, María Canosa, Rosa Aneiros...
Ademais este ano temos en marcha a actividade: "Coeducando a través das artes" proposta pola ANPA, dirixida ao fomento da coeducación e igualdade de oportunidades entre ambos sexos, e non podía faltar a arte da escritura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario