xoves, 4 de maio de 2017

AO CORRELINGUA CON MOITA MARCHA

O próximo martes día 9, celebrarase o Correlingua en Moaña. Este ano Pablo Díaz e a súa banda serán os encargados de animar a festa do galego. 

 
Os nenos e nenas de 6º do CEIP Seara inventaron unha pequena coreografía para o tema "Queremos galego". Os nenos e nenas do cole levamos semanas preparando este baile coa profe Rosa, aquí o tendes por si queredes practicar na casa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario