martes, 16 de maio de 2017

VAI E FAI TI O MESMO

A profe de relixión evanxélica e Alex, de 5º, puxeron en marcha un proxecto cun título moi desafiante, dentro do PDI do cole (O mundo que queremos).


A exposición do proxecto deixa moi claro o obxectivo que buscan, pero eles mesmos se encargarán de facer unha visita guiada con todos os cursos para explicarlles como este proxecto vai ser de utilidade para todos os que formamos o cole.


Nesta visita guiada primeiro explicarán a historia na que se basa o proxecto....


...e compartirán un pequeno vídeo con esta historia, ao que se pode acceder polo código QR. 


Tamén recordarán a base do seu proxecto, o que queren que todos aprendamos e fagamos ante calquer situación... pero non se quedan so en ideas bonitas senón que nos animan a poñelas en práctica.


1. Hai un espazo para escribir ideas prácticas sobre como mellorar o cole: vai pensando algunha!


2. Hai unha urna onde podemos escribir as nosas necesidades persoais nas que nos gustaría recibir axuda.


3. O último espazo está reservado para os voluntarios: queres axudar a outras persoas do cole? anótate! Podes axudar en calquera cousa ou dicir en que cousas eres experto para poder axudar a outros.


Desta forma buscaremos mellorar o cole e axudarnos uns aos outros de forma práctica, porque todos podemos axudar en algo: ANÍMATE: VAI E FAI TI O MESMO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario