luns, 22 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (3ª PARTE)

O traballo conxunto dos 142 alumnos e alumnas do cole, coa axuda dos mestres e de Esteban, de Tarabelos, está rematado. 
Se non sabedes como chegamos ata aquí tendes que velo, porque as fotos que veredes a continuación son o resultado dunha marabillosa fórmula: contos + arte + traballo colaborativo. 

Premede en cada unha das fases para saber como chegamos ata aquí: 




Non podemos esquecernos de dar moitísias gracias a Tarabelos: títeres e contacontos pola sua axuda e implicación dende o primeiro ata o último día... e grazas pola paciencia e simpatía con todos os peques que día tras día seguiron o teu traballo mooooi de cerca! 
Un acerto contar coa axuda de Esteban, sen dúbida Tarabelos tamén é o resultado dunha fórmula marabillosa = contos + arte + moito amor! 





















Esperamos que desfrutárades destas fotos que so mostran un pouquiño o precioso que quedou o muro... o mellor é que vos acheguedes a velo en directo. 
Esforzámonos un montón por facelo o mellor posible para que, durante un montón de anos, todo o alumnado de Seixo desfrute del: fainos moita ilusión pensar que o veremos cando sexamos maiores!

2 comentarios:

  1. Grazas pola vosa confianza, e grazas a todos os artistas polo bo traballo. Foi un pracer.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O pracer foi noso.... a pegada destes nenos queda, xunto coa de Tarabelos, no muro e nos nosos corazóns!

      Eliminar