Estábamos desexando contar como foi a segunda fase do noso muro: un cadro cheo de contos e de arte que nos permitiu vivir unha semana do libro con moitas cores e momentos compartidos.
Recordades a primeira fase? PODEDES VELA PREMENDO AQUÍ.
Entre máis de 140 fantásticos debuxos elexíronse algúns para o muro... era imposible metelos todos, pero todos eran fantásticos!. Esteban, de Tarabelos, encargouse de pasar os debuxos do alumnado ao muro... coa compañia e ánimo dos peques!
O cole encheuse de cores que desfrutamos compartindo maiores con pequenos, alumnos con profes... emocionados con deixar unha pegada no cole que durará moitos anos!
Fixemos unha gran selección de fotos pero non quixemos eliminar máis para que vexades canto desfrutamos dende os peques ata os maiores!
Comezaron os de 6º de primaria e os de 4 anos... eles foron os encargados de dar as primeiras pinceladas de cor a un gran muro branco. Todo o alumnado pintou libremente onde lle apetecía, usando as cores que eles mesmos elixían.
Despois foi o turno dos nenos e nenas de 3º de primaria que axudaron un montón aos artistas máis peques do cole: os de 3 anos.
O seguinte grupo foron os nenos e nenas de 2º de primaria: unha clase chea de artistas!!
Cun solazo que nos puxo algo morenos mentres pintábamos, chegou o turno dos nenos e nenas de 1º e 5º de primaria: un equipazo de super pintores!
Toculles rematar a faena aos nenos e nenas de 4º de primaria e da clase de 5 anos que o fixeron demostrando que teñen moitísma arte!
Despois Esteban encargouse de darlle o toque final perfilando todos os debuxos con moito cariño: este Tarabelo é un artista! Mil grazas Esteban por tantas horas adicadas e por cuidar ata o mínimo detalle axudándonos a crear esta impresionante obra de arte.
Queredes ver con detalle o resultado final? PREMEDE AQUÍ PARA DESFRUTAR DUN IMPRESIONANTE CADRO XIGANTE
Ningún comentario:
Publicar un comentario