xoves, 11 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (1ª PARTE)


Este ano para celebrar a semana do libro quixemos mesturar varios ingredientes: arte, contos, creatividade, surrealismo.... nun pequeno proxecto co obxectivo final de pintar o muro do patio de infantil.
Por iso convidamos a TARABELOS TÍTERES E CONTACONTOS para compartir co alumnado de Seixo a súa actividade: CONTOS CON MIRÓ.


O primeiro día Tarabelos compartiu con nós un conto moi especial: A viaxe de Nele, que forma parte do seu espectáculo Amoriños Contei. 


Nesta incrible historia ata os debuxos teñen vida!


Tarabelos rematou cun cadro xigante, pintado durante o conto, que agora luce nun dos nosos corredores!


Despois do conto, Esteban presentounos a Miró e contounos algo sobre a súa vida e o seu estilo de debuxar. 


Por equipos fixemos puzzles de obras de Miró para coñecer algo máis do seu estilo: 


E para rematar, cada un tivo que debuxar un personaxe do conto de Tarabelos pero non podía ser un debuxo realista senon todo o contrario, había que facer debuxo como Miró: surrealista! 


Se queredes ver máis fotos do noso primeiro día de traballo, aquí tendes unha presentación de cada grupo.


Os de 1º, 2º e 3º foron os primeiros en escoitar o conto e facer o obradoiro de Miró:



Despois toculle o turno ao alumnado de 4º, 5º e 6º:



E finalmente, os máis peques do cole disfrutaron do conto con Tarabelos: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario