venres, 19 de maio de 2017

DÍA DAS CLASES AO AIRE LIBRE

O xoves 18 de maio, os nenos e nenas de 3 e 4 anos, e os de 4º de primaria quixemos participar de forma especial no día das clases ao aire libre: que é unha proposta educativa que quere fomentar a aprendizaxe activa fóra das clases como recurso fundamental no desenvolvemento infantil. 

Por iso collemos un bus, financiado pola comunidade de montes de Santomé (grazas!!!) para disfrutar dunha mañá diferente na que puidemos aprender moitar cousas ao aire libre.




Fixemos un pequeno viaxe en autobús ata Lagocheiras, cerca de monte Faro, onde nos esperaba Elena da ANPA que nos levou á casa da comunidade de Montes de Santomé... que é chulísima!
Con Gaspar fomos todos xuntos a ver a Mámoa do Outeiro dos Monos. Contounos para que eran, e tamén nos contou divertidas historias sobre piratas da zona e os tesouros. 
Despois de facer un pouco de sendeirismo e xogos ao aire libre, tarde volvemos e fixemos unaha pequena plantación: 
- Fresno 
- Rododendrum Arboreum (Flor vermella) 
- Rododendrum Ponticum (Flor lila) 
Ademais Gaspar explicounos varias cousas interesantes sobre a plantación, por exemplo como teñen que estar as raíces para plantar. 
Despois a ANPA convidounos a merendar deliciosos bocatas, melón e sandía. 
Aquí vos deixamos un resumo fotográfico desta fermosa mañá na que disfrutamos un montón e aprendemos moitas cousas sobre a natureza e como debemos coidala neste mundo que queremos ver sempre verde! 




Sen dúbida... fora das aulas tamén podemos aprender un montón, ademais: 
- Mellora as habilidades sociais. 
- Mellora a resolución de problemas. 
- Fomenta o traballo en equipo. 
- É divertidísimo e adictivo!

2 comentarios:

  1. que fantástica iniciativa..
    Darlle as grazas á comunidade de montes de santomé, polo viaxe e os bocatas.. e a Gaspar, que sempre está disposto a empapar @s nos@s peques coa sua paixón botánica.. deste cole saldrán grandes naturistas!!! ogallá!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Temos moita sorte coas familias do cole que tanto plantan unha árbore... como lixan unhas rexas... como montan unha festa!
      E por suposto tamén somos afortunados cos servizos do entorno como a comunidade de montes que sempre nos ofrece actividades tan interesantes, educativas... e divertidas!
      Ogallá moitos nenos e nenas do cole de Seixo sexan amantes da natureza!

      Eliminar