Para festexar a Santa Cecilia, patroa dos músicos, en Seixo decidimos facelo ao grande. Tivemos a visita de Jandro Barciela, Gaiteiro e Bailarín de danza tradicional e, actualmente tamén Artesán de gaita.
Primeiro estivo cos nenos e nenas de infantil, que lle explicaron as súas sospeitas do tempo que se precisaba para fabricar unha gaita a man...
...E Jandro amosounos que efectivamente é máis do tempo que pensábamos.
Amosounos as partes dunha gaita, apreciando os distintos sons segundo o tipo de gaita e punteiro empregado.
Cantamos a canción de “Ai mandilín, ai mandilón” acompañados polo noso invitado.
Despois Jandro xuntouse co alumnado de primaria, e os nenos e nenas de quinto de primaria, fixeron unha presentación e unha posterior entrevista ao invitado.
Deste xeito, coñecemos o seu percorrido no mundo da música, indagamos nas partes da gaita, tempo e proceso de construción e moitas cousas máis....
Pero sobre todo, explicounos o valioso que é a música tradicional galega, aquí e fóra de Galicia.
Puidemos gozar dunhas pezas galegas interpretadas da súa man, que delicia!
Tamén puidemos cantar con el...
...e, non podiamos quedar sen bailar, así que nos xuntamos todos os nenas e nenos do cole no ximnasio.
E, coa axuda e a guía de Jandro, bailamos a Muiñeira do Chao.
Para rematar infantil cantounos a canción de “Yo soy un artista”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario