martes, 21 de novembro de 2017

HISTORIAS AZUIS COS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

Novembro é un mes cheo de celebracións, o día 14 celebrouse o DÍA MUNDIAL DA DIABETE, ademáis novembro é o mes da ciencia en galego, e tamén é o mes no que se celebran os dereitos humanos e os dereitos dos nenos.



E xuntando ciencia+dereitos, nos pareceu un momento estupendo para coñecer de forma ludica que é a DIABETE Tipo 1 que afecta a un montón de nenas e nenos de Galicia... e reflexionar sobre cousas prácticas que podemos facer para que estes nenos e nenas desfruten das mesmas cousas, porque teñen os mesmos dereitos que os demais.


Estamos moi agrdecidos a Anedia Galicia, que se puxo en contacto con nós para ofrecernos as Historias Azuis de Raquel Queizás, por medio dunha subvención da Deputación. 


O primeiro día, todo o alumnado de primaria, repartidos en duas sesións, se convertiron en detectives para investigar a desaparición dunha nena. 



Descubriron que esa nena tiña unha enfermidade chamada Diabete tipo 1, e seguiron a súa investigación para coñecer máis sobre esta enfermidade. 



Grazas a Raquel Queizás por facernos entender de forma tan sinxela cousas que parece que os nenos non podemos entender. 



De forma participativa e moi amena, incluso vendo situacións reais en noticias de prensa, puidemos ver como moitas persoas que sofren esta enfermidade son discriminados e non reciben o trato que todos merecemos. 





Encantounos coñecer máis de cerca esta enfermidade, resolver taaaantas dúbidas e ver formas prácticas de facerlles a vida máis facil aos nenos e nenas que teñen diabete. 



Grazas Raquel, estamos desexando volver a sacar a lupa e investigar máis cousas contigo!

1 comentario:

  1. Que fermosa entrada, emocioneime!!! Que cariñas tan atentas, que entregadxs estaban. Tedes un alumnado de 10, non, de 20.
    Grazas polas túas verbas e polo teu interese, grazas de parte de ANEDIA.💙#QUEADIABETENONTEPARE

    ResponderEliminar