Como colofón a un samaín de conto, cheo de historias terrorificas e moi divertidas, varias familias se achegaron a nosa biblioteca a contar contos.
Arnaldo vestido para a ocasión tivo un estreno estupendo con tantas familias que nos visitaron.
Moitos se animaron incluso con cursos nos que non estaban os seus fillos: que valentes!
Ata tivemos un antigo alumno que veu a contar historias aos compañeiros da súa irmá: que ilusión!
Grazas a todos e todas: sodes os mellores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario