Xa vos contamos o ben que o pasaron os compis de primaria coas Historias Azuis de Anedia (Premede AQUÍ para velo).Pois os nenos e nenas de infantil tamén tivemos unha sesión especial na que coñecimos a Nano.
Raquel Quiezás tívonos a todos cos ollos como platos escoitando a historia de Nano.
Non hai máis que ver as caras dos pequechos para imaxinar o moito que desfrutaron.
Rimos moito coas aventuras de Nano que é moi inquieto e divertido.
Pero un día Nano comezou a atoparse mal e descubiu que estaba enfermo...
... a doutora deulle o diagnóstico... unha enfermidade cun nome raro: di... dia... dibate... diabea... xa sei: diabete tipo 1.
Raquel explicounos de forma moi sinxela que é a diabete contándonos que pasa co que comemos.
Coa axuda de varios actores e actrices de primeira categoría nos foi contando o que lle pasaba a Nano.
O pan, a glicosa, a célula, a insulina, o pancreas.... fixérono fenomenal!
Puidemos entender un pouquiño más o que lle pasaba a Nano.
Encantounos coñecelo e quixemos despedirnos del.
Vedes as nosas caras de ilusión? É que o pasamos xenial!
Aquí vos deixamos un petisco para que desfrutedes con Raquel como o fixemos nós: as nosas risas son a mellor proba!
Oooooh!!! Que recordos!!! Cantas risas, que ben o pasamos e canto aprendemos. E que actrices e actores. Bicos de Nano e meus!!! 🐸😘 #QUEADIABETENONTEPARE
ResponderEliminarGrazas!!! Ata o próximo conto!