luns, 20 de novembro de 2017

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

O 20 de novembro é un día moi especial para todos os nenos e nenas do mundo.
Ese día, no ano 1959 aprobouse a declaración dos dereitos dos nenos de forma unánime por todos os países da ONU. Recollía 10 principios que moitos coñecemos e que sempre debemos ter presentes.


Pero a historia non remata ahi.... 30 anos despois, o 20 de novembro do ano 1989 firmouse a Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, con 54 artigos.
A principal diferencia entre as dúas, ademais da extensión, é que unha convención é de obrigado cumprimento. 
Hoxe, 20 de novembro, fai 28 anos que foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e podemos arriscarnos a dicir que a maioría dos adultos non a limos completa ni unha vez na nosa vida... como é posible?? 
Calquera adulto debería coñecer estes dereitos por respecto aos nenos, porque todos, nalgún momento da nosa vida, estamos en contacto con nenos aínda que non sexamos profes ou non teñamos fillos. Así que hoxe vos convidamos a ler os dereitos da infancia que todos estamos obrigados a cumprir. Podedes acceder ao texto completo premendo na seguinte imaxe:


O artigo 42 desta convención di: "Os Estados Partes comprométense a dar a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados, tanto aos adultos como aos nenos."
Por iso Tonucci, un coñecido pedagogo, elaborou un documento con estos dereitos redactados de forma que os nenos poidan comprender mellor o seu contido. Premede na imaxe para ler este documento, porque non ten desperdicio.
  

Encantounos este artigo que nos fixo pensar sobre este tema e escribir esta entrada no blog. Tamén vos animamos a lelo premendo na imaxe: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario