Temos un encarguiño para vós!!
Sen dúbida estamos vivindo un momento único e inesperado nas nosas vidas… días raros nos que non podemos relacionarnos, darnos apertas, xogar xuntos… e aínda así, estes días de peche están a ser unha oportunidade para estar xuntos en familia, falar moito, rirnos, aprender, demostrarnos canto nos queremos... porque en medio da preocupación sacamos a creatividade para seguir sentindo cerca aos que máis queremos... e porque en medio de algo así hai que sacar a parte positiva, aínda que as veces custe.
Debuxo descargado de internet |
Por iso a Axencia de Seguridade e Emerxencias Madrid 112 lanzou á cidadanía unha proposta para «darlle a volta» á situación negativa que supón o confinamento nas casas:
Esta iniciativa popular anima aos rapaces a realizar debuxos para colgalos nas ventás e os balcóns das súas casas: «Como os nenos van estar practicamente encerrados moito tempo, poderiamos facer algunha manualidade e colgala das ventás e balcóns. Así os nenos, cando miren pola ventá, verán as manualidades doutros nenos e sentiranse acompañados», di un dos textos que circulou polas redes coa iniciativa. «Creo que é unha boa maneira de desviar a atención dos nenos, entretelos e vernos toda a poboación cun obxectivo común. Oxalá esta ou outras iniciativas grupais fágannos sentirnos menos sos», continúa a nota.
Pronto, a idea fíxose viral e balcóns e ventás de moitas cidades de España locen auténticas obras de arte cheas de cor e esperanza. «Eu quedo na casa» ou «todo sairá ben» son algunhas das mensaxes que colgaron os nenos. Vense moitos arcoiris como tema central, pero outros tamén se atreven a representar ao temido bicho, ou calquera elemento colorido e alegre.
Debuxo descargado de internet |
Sabemos que moitos nenos e nenas de Seixo xa tendes a vosa ventá decorada, por iso, dende o equipo de biblioteca, vos animamos a todos, os nenos e nenas e tamén ao profesorado, a facer algún debuxo e compartilo con nós para poder xuntar toda a arte do cole y así sentirnos un pouquiño máis cerca nestes días que estamos separados.
Debuxo descargado de internet |
Gustaríanos ver fotos vosas debuxando, do debuxo rematado... Encargarémonos de xuntar todas para encher Seixo de positivismo! Podedes enviar as fotos a ceip.seixo@gmail.com, nunha mensaxe privada por facebook ou compartilas na entrada do facebook de Arnaldo onde compartiremos este post.
Ningún comentario:
Publicar un comentario