xoves, 12 de marzo de 2020

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA 6º DE PRIMARIA

Queda cancelada a excursión de final de Etapa de 6º de Primaria que estaba prevista para o vindeiro luns día 16 de Marzo.
Dende primeira hora da mañá e tras chegar ao cole, comezaban os primeiros rumores sobre as medidas que se ían tomar dende eduación. 
Dende a organización da actividade falouse coa compañía de viaxes e, tras contrastar información e manter unha reunión coa dirección do centro, víamonos na obriga de tomar esta decisión.
Máis tarde arredor das 12:30 confirmábanse os rumores e a prensa dixital xa se facía eco do que nuns intres o Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo ía facer oficial e que xa está en coñecemento de todos e todas.
Foron meses de moito traballo por parte de todas as familias e moitas ilusións postas pero somos conscientes de que primeiro é o primeiro e o que desexamos todos por enriba de todo é que esta situación pase canto antes e todo volva a normalidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario