luns, 30 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS III (1º, 2º, 3º EDUCACIÓN PRIMARIA)

Queridas familias: Que tal estades? Como ides levando estes días? Como xa sabedes por outra entrada do blog esta situación prevese que dure como mínimo catro semanas.

Todo o profesorado acordámonos moito de vós porque sabemos o duro que está a ser pasar tantas días sen poder saír de casa, recibindo noticias tan preocupante, algúns tendo que saír a traballar e polas vosas profesións estar máis expostos e á vez tratar de seguir un ritmo regular coas actividades escolares cos vosos fillos e fillas. 

Queremos transmitirvos o noso apoio e que entendades que todas as tarefas que desde aquí propoñémosvos, son iso, unha proposta, e vós, como pais, debedes xestionalas segundo as vosas circunstancias familiares. Son voluntarias e ademais non son avaliables. O máis importante agora mesmo para nós e seguro que para vós tamén, é a saúde e o voso benestar familiar!

A nosa obrigación como profesores é servir de axuda e guía escolar, non dubidedes en poñervos en contacto connosco, Estaremos contentos de poder servos útiles! 

Aí vos vai entón a proposta de traballo para esta semana por niveis:


1º DE PRIMARIA
profe.nati.seixo@gmail.com 

Unha semana máis, ofrecémosvos unha nova tanda de recursos e actividades para continuar co traballo escolar na casa. 

ACTIVIDADES XENÉRICAS

Esta semana imos traballar o seguinte:

LINGUA CASTELÁ:
* Lectura de textos curtos.
* Ditados de frases curtas. 
* Lectura de frases,traballando a comprensión lectora. 

LINGUA GALEGA:
* Traballar o vocabulario: construción de frases en galego: facerlles preguntas e que intenten contestar en galego, lectura de contos en galego,visionado de debuxos en galego...

MATEMÁTICAS:
* O reloxo: a hora en punto e e media.
* Sumas e restas de dúas cifras sen levar.
* A numeración: recoñecemento de números, contar ata un número,series de 2 en 2, de 3 en 3...
* Para os que poidades imprimir, a continuación deíxovos unhas fichas para traballar estes contidos.
* Para os que non as poidades imprimir, deixo tamén uns enlaces onde tamén se poden traballar os diferentes contidos de língua castelá, língua galega e matemáticas. 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

LÍNGUA CASTELÁ

* Comprensión lectora: 
Facer dúas fichas das que se enviaron a semana pasada ( eran bastantes e imaxino que non fixeron todas). 

LINGUA GALEGA 

MATEMÁTICAS:* Vídeo explicativo sobre as horas:


* Fichas para practicar as horas:

* Fichas de cálculo y numeración:

* O reloxo, a hora en punto e e media:





CÁLCULO


LINGUAS
* O aforcado animal

* O Tragaletras

* Conto "Lobo feroz"

TAREFA 1º PROFE BERTO 
profe.alberto.seixo@gmail.com

CIENCIAS SOCIAIS 
* Fai as seguintes fichas sobre hixiene persoal.


CIENCIAS NATURAIS 
* Debúxate a ti mesmo ou mesma e escribe o nombre das partes do corpo que lembres. 

VALORES 
* Sede responsables e non saiades da casa. 

PLÁSTICA 
* Fai un debuxo sobre o conto do Lobo Feroz. 
* No boletín do departamento de orientación vos propoñemos colorear mandalas, ide a el votádelle un ollo.



2º PRIMARIA
profe.beapicos.seixo@gmail.com 

LUNES 30 DE MARZO 2020 
* Matemáticas: páginas 141-142 del libro. 

* Calculo
708- 129=           373+619= 

MARTES 31 DE MARZO 2020 
* Lengua Castellana: página 28 del cuadernillo. 

* Calculo
563-384=            126-89= 

MIÉRCOLES 1 DE ABRIL 2020 
*Lengua Gallega: páginas 42-43 del cuadernillo. 

* Calculo
619-327=           37+3+248= 

JUEVES 2 DE ABRIL 2020 
*Ciencias Naturales: páginas 18-19 del cuadernillo. 

* Calculo
451-283=           789+647= 

VIERNES 3 DE ABRIL 2020 
*Ciencias Sociales: páginas 16-17 del cuadernillo.  

* Calculo
827-333=           202-199= 

* A lo largo de la semana estudio la tabla del seis. 

PLÁSTICA: 
*Hago un dibujo de lo que veo desde mi ventana. 

EDUCACIÓN EN VALORES: 
*Veo el corto “La Luna” de Pixar y lo comento en familia.



3º PRIMARIA 
profe.graciela.seixo@gmail.com 

Premede na imaxe para acceder ao blog onde tendes as propostas para 3º.

Ningún comentario:

Publicar un comentario