luns, 23 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS II (INFANTIL)


Ola nenos, nenas e familias! 
Que tal estades? Como ides levando este tempo tan raro que nos toca vivir? Que estades a facer sen poder saír de casa? Esperamos que esteades todos e todas ben.

Como ides levando as actividades que vos enviamos? Se tendes algunha suxestión, opinión ou o que sexa... encantaríanos lervos! Por iso vos animamos a escribirnos, aínda que sexa para contarnos algo ou mandarnos algunha foto: que vos botamos moito de menos!

Aquí vos deixamos suxestións e actividades para esta semana. Para organizarnos mellor e atender de forma máis persoal a cada aula coas súas particularidades, preparamos unha entrada para cada clase, picade en cada imaxe para acceder a elas. De todas formas, si queredes botarlle un ollo ás das outras clases, seguro que aproveitades ideas. 
Tamén vos animamos a facer a actividade artística que nos propuxeron estos días dende o equipo de biblioteca. Podedes acceder premendo AQUÍ





Coidádevos moito, todos estamos desexando volver á normalidade. Recordade que as contas de correo están dispoñibles para calquera consulta que teñades ou axuda que necesitedes.
- Profe Bea: profe.bearey.seixo@gmail.com
- Profe Mª Carmen: profe.mcarmen.seixo@gmail.com 
- Profe Ana: profe.anaogando.seixo@gmail.com 

Unha apreta grande de todo o profesorado para eses pequenos e pequenas e lembrade que... "Canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade" 
#NÓSQUEDAMOSNACASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario