venres, 13 de marzo de 2020

#EUQUEDONACASA

Sen dúbida estamos a vivir días de desconcerto e confusión... tócanos ser pacientes e achegar cada un o que está nas nosas mans, por iso animámosvos a poñer en práctica, máis que nunca, a RESPONSABILIDADE SOCIAL, nesta fase de contención. 

Sabemos que non é fácil afrontar a situación actual polas dificultades que supón en moitos casos a organización e a conciliación, pero non esquezades que isto non son unhas vacacións, estamos nunha situación de emerxencia e animámosvos a seguir as recomendacións do Ministerio de Sanidade e quedar na casa, porque é o mellor que podemos facer para solucionar isto entre todos.

Seguro que por whatsapp, redes sociais... recibistes unha chea de imaxes, vídeos, memes (menos mal que nolo tomamos con humor...) e non imos bombardearvos máis, pero si que vos deixamos esta imaxe que resume moi ben o que debemos facer, e non facer, estos días cos nenos...


Toca ser creativos para compartir a información cos peques, sen asustalos, pero contándolles o que está pasando. Sen dúbida é un momento histórico do que falarán aos seus netos (como moitos avós e bisavós nos falan agora da pandemia de gripe do 1918). 

Hai unha cousa moi importante que todos os nenos e nenas poden e deben facer: lavar as mans con xabón. Aquí vos deixamos un par de ideas creativas para facelo a conciencia: un experimento sinxelo e moi visual e un xogo.



Dende o centro, como xa vos dixemos na WEB, seguindo as instruccións da Consellería de Educación, a partir do próximo luns publicaremos no blog uns boletíns de actividades xenéricas por cursos, que non serán avaliables.
No seu momento, cada mestre facilitará unha conta de correo onde poderedes comunicarvos e solucionar as posibles dúbidas (en horario lectivo de 9:30 a 14:30). 
Recordade:
#euquedonacasa #responsabilidadesocial

Ningún comentario:

Publicar un comentario