luns, 16 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS (ESPECIALIDADES)

Moi boas a todas e todos. Os especialistas do cole tamén queremos deixarvos por aquí unhas ideas para que poidades levar a cabo estes días dende a casa.

INGLÉS
Picade no seguinte enlace e accederedes ao blog da profe Fátima donde veredes as actividades que vos propón.


MÚSICA
O profe Tano quere propoñervos unha actividade musical diferente. 
Escoitade música, moita música pero que sexa en galego. Buscádea nos medios que queirades e anotade as vosas cancións preferidas. 
Pero recordade que deben ser en galego!
Á volta faremos dende A VOZ DE ARNALDO programas especiais polas Letras Galegas no que escoitaremos todas as cancións!
Dende MÚSICA e A VOZ DE ARNALDO...
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!


EDUCACIÓN FÍSICA
A profe Natalia quere propoñervos varias actividades de carácter xeral:

1- Visualizar algunha pelicula relacionada co deporte:

Suxerencias: "Campeones", "Billy Elliot", "Space Jam", "Quiero ser como Beckham", "Un sueño Posible", "Karate Kid",...

2- Inventar un xogo, un circuito o un baile para poñer en práctica á volta na clase de EF.

3- Desfrutar e divertirse con xogos de mesa: xadrez, parchís, oca, jenga, Dobble, UNO...

4- Mover o esqueleto: (picade nos enlaces)
- Exercicios de actividade física en inglés

RELIXIÓN EVANXÉLICA
Hola pequen@s:
Investigade en internet sobre a historia de Jorge Müller.
Si tendes posibilidade, podedes descargar a APP: "La Biblia App para niños" de YouVersion, onde atopardes moitas historias bíblicas e xogos para aprender a divertirse un pouquiño.
E tamén vos recomendo ler o Salmo 23 coas vosas familias e disfrutar moito uns cos outros, rindo, xogando e agradecendo polas pequenas cousas de cada día.
Tede bo ánimo! Vémonos pronto!


* * * * * * *

Unha apreta grande de todo o profesorado para eses pequenos e pequenas e lembrade que... "Canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade" 
#NÓSQUEDAMOSNACASA

1 comentario:

  1. grazas por todo e moito ànimo.. espero q xa estedes tamèn vòs en casiña.

    ResponderEliminar