xoves, 26 de marzo de 2020

SAÚDO DO PROFESORADO

Queridas familias: Que tal estades? Como ides levando estes días? Sen dúbida é un momento único e inesperado que nunca imaxinaríamos.
Non podemos vernos, xogar xuntos, abrazarnos… pero todo isto pasará e pronto volveremos estar xuntos.


Levamos unha semana e media de corentena pero sabemos que mínimo serán 4 e todo o profesorado acordámonos moito dos nenos e nenas do cole e botámolos de menos. Gustaríanos saber que tal están e como van levando estes días. 
Por iso, e para poder ter un contacto máis persoal e directo co alumnado gustaríanos ter todas as vosas direccións de correo electrónico, polo que vos pedimos que cada un envíe un correo a súa titora para que poidamos recompilar todas as direccións e así contactar con cada un de forma individual. 

Lembrámosvos os correos das titoras
- 3 anos: profe.bearey.seixo@gmail.com 
- 4 anos: profe.mcarmen.seixo@gmail.com 
- 5 anos: profe.anaogando.seixo@gmail.com 
- 1º EP: profe.nati.seixo@gmail.com 
- 2º EP: profe.beapicos.seixo@gmail.com 
- 3º EP: profe.graciela.seixo@gmail.com 
- 4º EP: profe.paloma.seixo@gmail.com 
- 5º EP: profe.cristina.seixo@gmail.com 
- 6º EP: profe.mjose.seixo@gmail.com 

Non vos esquezades de dicir no correo quen sodes, e tamén podedes aproveitar para contarlles ás titoras como estades. 

Se non tedes correo electrónico ou se vos dá algún problema, non dubidedes en avisarnos chamándonos por teléfono, tentaremos axudarvos en todo o que sexa posible. (886 15 13 50 - 886 15 13 49 - 696 10 70 27)

Lembrade que o mellor que podedes facer é quedar na casa. 
Unha aperta mooooi grande para todos: estamos a desexar dárvola en persoa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario