Seguindo a resolución do 12 de marzo de 2020, pola que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, publicámosvos un boletín de actividades xenéricas, para os cursos de 4º, 5º e 6º de educación primaria, que non serán avaliables.
4º DE PRIMARIA
(profe.paloma.seixo@gmail.com)
CC.NN
Entra nos seguintes enlaces e atoparás tres actividades diferentes sobre esta materia:
MATEMÁTICAS
Pica no enlace e atoparás unha ficha con actividades de repaso sobre esta materia:
LENGUA CASTELLANA
No seguinte enlace poderás ver unha ficha con varias actividades para traballar a comprensión lectora:
5º DE PRIMARIA
(profe.cristina.seixo@gmail.com)
(profe.tano.seixo@gmail.com)
LINGUA GALEGA
Aproveitando que imos participar no XVI PREMIO DE NARRACIÓN CURTA do Concello de Marín, propóñovos que durante estes días fagades a redacción dun relato de temática libre. As bases que deberedes respectar son as seguintes:
- Extensión máxima de 3 páxinas.
- Din A4
- Por unha soa cara.
LENGUA CASTELLANA
Picando nos seguintes enlaces atoparedes unhas lecturas e unhas preguntas sobre cada unha para traballar un pouquiño a comprensión lectora.
Non fai falta que imprimades as fichas. Podedes ler online e completar nas vosas libretas.
LEMBRADE!
As tarefas que xa foron enviadas o xoves pasado: ficha de naturais, ficha de matemáticas e exercicios de lingua galega.
6º DE PRIMARIA
(profe.mjose.seixo@gmail.com)
Picando na seguinte imaxe accederedes ao blog LUPA DIXITAL e nel atoparedes as actividades programadas para esta semana.
* * * * * * *
Indicarvos que as contas de correo están dispoñibles para calquera consulta que teñades ou axuda que necesitedes .
Unha apreta grande de todo o profesorado para eses pequenos e pequenas e lembrade que... "Canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade"
#NÓSQUEDAMOSNACASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario