luns, 30 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS III (INFANTIL)

Ola familias. Como vai todo? Como estades? Xa sabedes que esta situación prolongase, de momento, dúas semanas máis, así que dende as nosas casas vos enviamos moitos ánimos para que o levedes da mellor maneira posible, que vexades esta situación como unha oportunidade para pasala coa familia e que o importante é ter sempre en conta que "isto pasará pronto e en pouco tempo estaremos xuntos desfrutando de novo".


Todas as profes de infantil lémbramonos moito de vós e vos botamos en falta moito, temos moitas ganas de vervos de novo e que todo volva á normalidade 

Dicirvos tamén que as actividades que propoñemos, son iso, propostas voluntarias e non son avaliables, así que cada familia ten que xestionalas tendo en conta a situación de cada unha e os medios dos que dispón. 

O que si vos pedimos e que nos mandedes fotiños ou algún vídeo do que estades a facer porque fainos moita ilusión vervos. 

Aquí vos deixamos suxestións e actividades para cada clase, podedes acceder premendo nas imaxes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario