luns, 16 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS (1º, 2º, 3º PRIMARIA)

Seguindo a resolución do 12 de marzo de 2020, pola que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, publicámosvos un boletín de actividades xenéricas, para os cursos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, que non serán avaliables.



1º DE PRIMARIA

profe.nati.seixo@gmail.com 


MATEMÁTICAS 

Para traballar a numeración


Para traballar as sumas

LENGUA

Ademais destas actividades é importante que lean todos os días un pouco. Tamén sería recomendable, que coa axuda dalgún familiar, fixesen algún ditado de palabras ou textos curtos. Ao final do caderno de lectura que levaron para casa, hai listaxes de palabras para usar como referencia. 

CIENCIAS SOCIAIS 
Debuxa como pasas cada día dentro da casa. 

CIENCIAS NATURAIS 
Debuxa a paisaxe que vexas pola ventá da túa vivenda que dé á rúa e colorea de verde os elementos naturais e de vermello os elementos contruídos polas persoas, 

VALORES 
Sede reponsables e non saiades da casa. 

PLÁSTICA 
Fai un barco de papel e coloréalo.


2º PRIMARIA
profe.beapicos.seixo@gmail.com 

LUNS 16: 
MATEMÁTICAS: páxina 138 do libro + cálculo (fago 3 sumas de cifras levando 3 restas de 3 cifras llevando).

MARTES 17: 
LENGUA: páxina 26 do caderniño. 

MÉRCORES 18: 
LINGUA GALEGA: páxina 40 do caderniño. 




3º PRIMARIA 
profe.graciela.seixo@gmail.com 



Para estas semanas as propostas de traballo nas distintas materias realizaranse nos cadernos das materias correspondentes ou a través de actividades diversas, non sendo as dúas formas obligatoriamente acumulativas, os vosos fillos/as irán marcando as súas preferencias e ritmos.

Non vos esquezades que a calidade do traballo é máis importante que a cantidade do mesmo. 

Cada día a familia acordará o traballo a realizar polo seu fillo/a, este poderá facerse unhas veces a través dos cadernos e outras seguindo as propostas complementarias que serán modificadas periodicamente. 


LENGUA CASTELLANA 
Traballar no caderno correspondente como normalmente o facemos na aula, lendo primeiro os enunciados e asegurándonos que o neno/a entende o que ten que facer para despóis deixar que continúen por sí mesmos. Nunca máis de dúas páxinas por sesión de traballo. 

Actividades complemetarias: 

LINGUA GALEGA 
As pautas recomendadas para o traballo correspondente a esta área son as mesmas que para a área anterior. 

MATEMÁTICAS
Traballar no libro correspondente do mesmo xeito que nas áreas anteriores. 

Actividades complemetarias:




CIENCIAS NATURAIS 
Repasar os esquemas da libreta do tema actual sobre as plantas. 

Actividades complemetarias: 

Busca tres plantas da túa casa e consultando a información e os esquemas da libreta fai o seu debuxo e escribe as súas principais características. Utiliza a túa libreta de ciencias. 

CIENCIAS SOCIAIS 
Repasar os esquemas da libreta sobre o tema actual de "Tempo atmosférico e clima". 

Actividades complemetarias: 
Fai un rexistro na túa libreta do tempo atmosférico de cada día desta semana: precipitacións, vento, temperatura... Despois elabora un breve resumo na túa libreta. 
* * * * * * * 
Indicarvos que as contas de correo están dispoñibles para calquera consulta que teñades ou axuda que necesitedes . 
Unha apreta grande de todo o profesorado para eses pequenos e pequenas e lembrade que... "Canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade" 
#NÓSQUEDAMOSNACASA



1 comentario:

  1. moitas grazas compais! moito ànimo e espero q xa estes na casiña coma todo o mundo.. unha aperta forte

    ResponderEliminar