luns, 16 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS DE EDUCACIÓN INFANTIL



Algunhas actividades que propoñemos que lles axudarán a non esquecer o aprendido e o verán como un xogo, sempre tendo en conta os diferentes niveis madurativos do alumnado, son:
- Ler contos en familia e conversar cos nenos e nenas sobre eles, cambiarlles o título, a historia, o final, facer un debuxo sobre o mesmo...
- Facer unha receita saudable, anotar os ingredentes, contar cantos ovos empregamos, cantidades, que botamos primeiro, despois... e facer un debuxo do resultado final ou sacarlle unha foto...
- Realizar diferentes manualidades con materiais de refugallo sobre centros de interese dos proxectos que traballados no cole e que despois poden traer á clase.
- Xogar ós disfrazes, disfrazarse coa ropa dos adultos
- Organizade os xoguetes, é bo momento de facer limpeza...
-Facer pulseiras e colares con botóns, macarróns.. Podedes traballas as seriacións poñendo un macarrón , un botón...
- Xogas as diferenzas con cousas da casa. Pechar os ollos e cambiar algo de sitio na habitación...
- Buscar letras e números nos contos, xornais, revistas... intentar adiviñar o que pon e copialo
- Axudar nas diferentes tarefas do fogar: facer a cama, axudar a poñer a mesa, colgar a roupa, clasificar a roupa...
- Recortar, picar, colorear, debuxar, xogar con plastilina, facer puzzles...
- Escribirlles cartas, debuxos aso compañeiros e compañeiras..
- Traballar a súa motricidade abotoando botóns, atando os zapatos..
- Fomentar a súa autonomía: que se vistan sós, traballar os hábitos de hixiene, etc.

Aquí deixámosvos a ligazón a algunhas páxinas con xogos sinxelos:

- ACTIVIDADE 1

- ACTIVIDADE 2

- PAPELILLOS 5 AÑOS

- ALGAIDA 4 AÑOS

- ALGAIDA 3 AÑOS

- ALGAIDA 5 ANOS

- PAPAPAPÚ 3 ANOS
 
  Tamén dicirvos que de todo o que fagades estes días na casa podedes sacar fotos e enviárnolas aos correos que vos imos a poñer a continuación, para que cando comecemos as clases poidamos compartir as cousas tan entretidas e chulas que realizastes!!!
  Así mesmo indicarvos que estas contas de correo están dispoñibles para calquera consulta que teñades ou axuda que  necesitedes .
  Unha apreta grande de todo o equipo de Infantil para eses pequenos e  pequenas e lembrade que "Canto antes deixemos de facer vida  normal antes  voltaremos á normalidade" #NÓSQUEDAMOSNACASA

CORREOS DE CONTACTO:
- Profe Bea
 profe.bearey.seixo@gmail.com
- Profe Mª Carmen         
 profe.mcarmen.seixo@gmail.com
- Profe Ana
profe.anaogando.seixo@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario