xoves, 30 de novembro de 2017

DÍA DA MÚSICA 2017

Para festexar a Santa Cecilia, patroa dos músicos, en Seixo decidimos facelo ao grande. Tivemos a visita de Jandro Barciela, Gaiteiro e Bailarín de danza tradicional e, actualmente tamén Artesán de gaita.


Primeiro estivo cos nenos e nenas de infantil, que lle explicaron as súas sospeitas do tempo que se precisaba para fabricar unha gaita a man...



...E Jandro amosounos que efectivamente é máis do tempo que pensábamos.



Amosounos as partes dunha gaita, apreciando os distintos sons segundo o tipo de gaita e punteiro empregado.



O ronco da gaita soa como un barco!!



Cantamos a canción de “Ai mandilín, ai mandilón” acompañados polo noso invitado.


Despois Jandro xuntouse co alumnado de primaria, e os nenos e nenas de quinto de primaria, fixeron unha presentación e unha posterior entrevista ao invitado.



Deste xeito, coñecemos o seu percorrido no mundo da música, indagamos nas partes da gaita, tempo e proceso de construción e moitas cousas máis....



Pero sobre todo, explicounos o valioso que é a música tradicional galega, aquí e fóra de Galicia.







Puidemos gozar dunhas pezas galegas interpretadas da súa man, que delicia!


Tamén puidemos cantar con el...


...e, non podiamos quedar sen bailar, así que nos xuntamos todos os nenas e nenos do cole no ximnasio.



E, coa axuda e a guía de Jandro, bailamos a Muiñeira do Chao.





Mirade que ben o pasamos e que estilo temos!


Para rematar infantil cantounos a canción de “Yo soy un artista”.


Mirade que ben o fixeron!!


A modo de peche, todo primaria bailamos “Indo eu”.







Grazas a Jandro por visitarnos e pola súa disponibilidade e simpatía. E grazas tamén á profe Luz por ensinarnos tantos bailes e practicar con nós para agasallar a Jandro coa nosa arte danzando. 

xoves, 23 de novembro de 2017

TEATRO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25-N, como cada ano, organízanse dende o Concello de Marín actividades para traballar a educación en valores dende a perspectiva igualitaria.


Os contos son valiosos transmisores de cultura e valores, por iso son fantásticos para traballar a creación de modelos que rexeitan os estereotipos que nos inculca a sociedade patriarcal. 


Por medio do concello, a compañía de teatro "Teatro piollo", de xira polos coles de Marín, estivo en Seixo para facernos pensar e contarnos unha historia sobre violencia de xénero, coeducación e convivencia.

Unha princesa que non quería ser princesa, un dragón que en realidade non quería ser terrible, un cabaleiro que non quería loitar.... foron algúns dos ingredientes desta historia. 



Todo o alumnado do cole, dende os máis peques aos máis maiores, nos reunimos para ver esta representación nesta semana na que reflexionamos especialmente sobre a violencia de xénero. 



Por aquí vos deixamos algunhas fotos de recordo deste día. 










Oxalá que o aprendido nesta obra, e nas lecturas, reflexións e traballos de aula nas titorías, teña valor e significado para todos os nenos e nenas do cole que son o presente e o futuro dunha sociedade que desexamos viva en paz. 

mércores, 22 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017

Un ano máis desfrutamos dun estupendo día do magosto. Os pais e as nais encargáronse de preparar as castañas que todos degustamos: moitas grazas familias, sodes estupendos!
Despois pasámolo fenomenal xogando a un montón de xogos. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos a ritmo de rap co Rap do Magosto de Paco Nogueiras.

martes, 21 de novembro de 2017

HISTORIAS AZUIS COS NENOS E NENAS DE INFANTIL

Xa vos contamos o ben que o pasaron os compis de primaria coas Historias Azuis de Anedia (Premede AQUÍ para velo).Pois os nenos e nenas de infantil tamén tivemos unha sesión especial na que coñecimos a Nano.



Raquel Quiezás tívonos a todos cos ollos como platos escoitando a historia de Nano. 




Non hai máis que ver as caras dos pequechos para imaxinar o moito que desfrutaron. 



Rimos moito coas aventuras de Nano que é moi inquieto e divertido. 



Tiña cada ocurrencia.... que risa!


Pero un día Nano comezou a atoparse mal e descubiu que estaba enfermo...



... a doutora deulle o diagnóstico... unha enfermidade cun nome raro: di... dia... dibate... diabea... xa sei: diabete tipo 1. 



Raquel explicounos de forma moi sinxela que é a diabete contándonos que pasa co que comemos. 



Coa axuda de varios actores e actrices de primeira categoría nos foi contando o que lle pasaba a Nano. 



O pan, a glicosa, a célula, a insulina, o pancreas.... fixérono fenomenal!




Puidemos entender un pouquiño más o que lle pasaba a Nano.



Encantounos coñecelo e quixemos despedirnos del. 



Vedes as nosas caras de ilusión? É que o pasamos xenial!



Aquí vos deixamos un petisco para que desfrutedes con Raquel como o fixemos nós: as nosas risas son a mellor proba! 

  

Mirade que guapo está Nano coa chapa de Arnaldo: fixéronse bos amigos!



Grazas Queliña, foi un auténtico pracer escoitar os teus contos, e grazas por deixar a túa pegada no noso libro de visitas.