No cole levamos a cabo unha actividade moi especial: "Hora de ler". Cada día dedicamos un tempo á lectura en diferentes espazos do colexio: na aula, na biblioteca, no patio ou nos recunchos habilitados para gozar dun bo libro. Calquera lugar é perfecto para deixarse levar polas historias! O máis importante é crear momentos de lectura agradables, divertidos e compartidos. Desfrutamos moitísimo desta actividade, convertendo a lectura nun hábito cheo de ilusión e entusiasmo.
Amosando publicacións coa etiqueta contamos un conto? b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contamos un conto? b>. Amosar todas as publicacións
venres, 29 de maio de 2026
xoves, 30 de abril de 2026
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA !
A semana pasada os cursos de primeiro e segundo fomos a coñecer a Biblioteca Municipal de Pontevedra.
Pasamos un rato moi agradable con Paula e Andrea que nos falaron do que é unha biblioteca. Aínda que nós xa o sabíamos porque coñecemos a Casa de Arnaldo, a biblio do noso cole, a de Pontevedra era diferente.
Despois contáronnos un conto!!
Pasámolo en grande!!
venres, 17 de abril de 2026
DEBULENDO LENDAS
As nenas e nenos do Cole de Seixo, dan man do Programa LEO LAB, tivemos a oportunidade de desfrutar no día de hoxe de TARABELOS que trouxo para nós o espectáculo...
DEBULENDO LENDAS
Recollendo a técnica centenaria do Kamishibai xaponés
TARABELOS ofreceunos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se puido ver, tocar, manipular, vestir...
Cando un debuxa o que le, entón "debule", e nesta contada Esteban fixo que debuxemos xuntos e que descubramos o valor das lendas.
Lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega; o valor para loitar pola vida; o valor da axuda dada e recibida; o valor de coñecer antes de deixarse levar polas faladurías; o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles;
o valor e a coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada.
Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos "debuler".
martes, 9 de decembro de 2025
CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
Hoxe tivemos a sorte de pode disfrutar dunha sesión de animación á lectura con Chema Heras e Pilar Martínez.
As nenas e nenos de 4 e 5 anos e de 1º e 2º de primaria desfrutamos moitísimo coa actividade e pasámolo en grande...
Pilar e Chema contáronnos moreas de historias...
Estamos moi agradecidos pola vosa visita, ata outra!
venres, 21 de novembro de 2025
UN CASO AZUL: RAQUEL QUEIZÁS
No día de hoxe, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de primaria, tivemos a oportunidade de desfrutar dun espectáculo de contos da man de RAQUEL QUEIZÁS...
sábado, 18 de outubro de 2025
15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS
Este mércores 15 de outubro celebrouse en Galicia o día das escritoras galegas, e na nosa biblio podes coñecer a algunha delas.
Na biblioteca do CEIP de Seixo contamos con unha serie de libros escritos por autoras galegas, e estas semanas os teredes na entrada da biblio para poder atopalos máis facilmente e gozar con eles da LECTURA.
xoves, 1 de decembro de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN
Na semana do Samaín seguimos celebrando o día das bibliotecas e por iso decoramos as portas das aulas con portadas dos contos máis terrorificamente divertidos, e queremos compartir todas as portadas con vós e de paso recomendarvos todos estes contos que nos encantan y igual vos damos algunha idea para os agasallos de Nadal.

martes, 8 de novembro de 2022
POLO SAMAÍN CÓNTAME A MÍN
Que afortunados somos por ter as familias máis molonas do mundo mundial! Graciñas a todas as mamás que viñeron ao cole a contar contos. Graciñas pola súa valentía e por sen tan enrolladas: pasámolo pipa! Estamos felices recuperando a normalidade que nos permite compartir momentos coas familias. Graciñas tamén ao alumnado de 4º que preparou contos para os compis máis pequenos. Que vivan os contos!!
mércores, 1 de xuño de 2022
SACHACONTOS
Dentro do programa de bibliotecas creativas, todas as clases, de 3 anos a 6º, fixemos un obradoiro de creación de contos: SACHACONTOS.
Sachacontos, é unha xuntanza de miolos compartindo ideas e ocorrencias... un obradoiro de creación de contos frescos, nunca contados, nunca escoitados...
Esteban de Tarabelos pasou uns días con nós sachando contos. Xuntos xogamos coas historias e cos personaxes.
Todos imaxinamos, todos xogamos, todos creamos... e fixémolo sen preocuparnos do resultado, que foi único e especial.
Foi un obradoiro totalmente baseado na imaxinación, na improvisación e no traballo cooperativo.
Compartimos, relacionámonos, buscamos explicación ó inexplicable, desinhibímonos, rimos xuntos, aprendemos novas palabras, adestramos a nosa imaxinación, fixémonos creadores...
Do tempo que pasamos sachando contos saíron contos creados, rematados ou sen rematar, ideas tolas, mentes abertas... e saímos de alí con ansia de seguir creando.
E recibimos o noso título de sachacontos, co compromiso de seguir usando o sacho da imaxinación!
Nestes vídeos veredes, un pouquiño do moito que fixemos en cada grupo:
3 anos sachando contos:
4 anos sachando contos:
5 anos sachando contos:
1º e 3º sachando contos:
2º sachando contos:
4º sachando contos:
5º sachando contos:
6º sachando contos:
venres, 27 de maio de 2022
RAQUEL QUEIZÁS NAS LETRAS GALEGAS
Despedimos maio das letras cunha visita mooooi especial que recibimos xuntándonos un bo grupo na biblio (poooor fin)... que ganiñas tiñamos!
Raquel Queizás, Queliña, chegou a Seixo cargada de historias e atopou un auditorio con ganas de contos.
Desfrutamos moito coas súas historias de animais... tanto que ata nos puxo patas arriba!!
Aquí tendes un vídeo cargado de fotos para que vexades o ben que o pasamos nos dous pases que fixo Queliña: as nosas cariñas son a mellor mostra!
Por suposto non podíamos perder a oportunidade de levar a Queliña a A Voz de Arnaldo...
Por suposto non podíamos deixar marchar a esta fantástica raposa sen deixar a súa pegada no noso libro de visitas.
Este día tan especial foi un agasallo de aniversario que nos fixo a Asociación Ronsel, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Vilas foi o representante da asociación encargado de entregarnos o agasallo: que ilusión nos fan sempre as súas visitas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)

.jpg)





.jpg)


%20(1).jpg)
.jpg)
.png)




























