Amosando publicacións coa etiqueta feira dos libros usados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta feira dos libros usados. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2026

luns, 21 de outubro de 2024

ÉXITO DA X FEIRA DO LIBRO USADO 2024

Onte, todos os centros educativos de Marín, en colaboración coas ANPAs, puxeron en marcha a X Feira do libro usado, cun gran éxito de asistencia e co obxectivo cumprido: dar unha nova vida a centos de libros.


Unha delicia xuntarnos todos os centros de Marín, sobre todo facelo ao redor dos libros.

Graciñas ao Concello pola súa colaboración e por traer a Ce orquestra que amenizou a feira e fíxonos cantar e bailar. 



domingo, 28 de maio de 2023

IX FEIRA DO LIBRO USADO!

De novo voltamos coa Feira do Libro Usado na alameda de Marín. Este curso é especial porque tócanos organizala xunto co cole de Ardán e as ANPAS dos dous coles e porque é unha actividade máis do noso proxecto RqueR.


E xa temos os vales preparados para que poidades participar!


Pasade pola biblio para recollelos e darlle unha nova vida ós libros!!

sábado, 8 de xuño de 2019

VIII FEIRA DO LIBRO USADO CONCELLO DE MARÍN

Un ano máis o noso cole participou na Feira do Libro Usado, organizada este ano polo Ceip A Laxe en colaboración co Concello de Marín, e xa van 8 edicións!
Dende moi cedo puxémonos a ordenar o noso espazo para ter todo listo para a hora do comezo...
A ANPA colaborou con nós un ano máis... Moitísimas gracias pola vosa axuda!
Axiña deixamos todo listo cos libros que nos trouxéstedes ao longo de toda a semana...




Durante a Feira tamén puidemos desfrutar da actuación de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA...
Deixámosvos por aquí unhas fotiños das nosas colaboradoras.... Moitísimas gracias unha vez máis!

E un agradecemnto especial á nosa dependenta número 1! Que grazas ás súas ofertas fomos un dos primeiros coles en rematar de intercambiar todos os libros que habíamos levado do cole!
GRACIAS LÚA!
Antes de rematar a feira fixemos unha foto de grupo todos os coles (profes e representantes de Anpas) que participamos nesta VIII FEIRA DO LIBRO USADO...
Voltaremos o ano que ben con moitos máis libros! Ata outra!

venres, 31 de maio de 2019

VIII FEIRA DOS LIBROS USADOS CONCELLO DE MARÍN

Hoxe queremos anunciarvos que o noso cole vai participar...
O vindeiro sábado día 8 de xuño, a partir das 10:30 horas da mañá, na Alameda de Marín, dará comezo a...
VIII FEIRA DOS LIBROS USADOS
A partir do vindeiro luns día 3 poderedes comezar a traer libros ao centro. Por cada libro entregarase un vale que se poderá trocar na feira por outro libro.
Os vales son válidos en calquera posto.
Deixámosvos por aquí máis información para que non volo perdades!