Amosando publicacións coa etiqueta horta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horta. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de maio de 2025

ARGALLANDO SABROSOS PRATOS COAS PLANTAS DE BIOMISIÓN

 Como colofón final do proxecto de BIOMISIÓN que este curso argallou o alumnado de 5º de primaria coa MBG-CSIC de Pontevedra, imos probar as nosas plantas moi ben cociñadas.

Neste proxecto que se basa na investigación e transferencia de coñecementos tivemos un tercer grupo implicado: o alumnado e profesorado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, que nos preparou un delicioso menú degustación.

Por suposto, aproveitamos para dar un pequeno paseo por Pontevedra e o seu mercado municipal.

sábado, 5 de abril de 2025

... E BIOMISIÓN CHEGA A HORTA!

 Despois de moito traballo e algúns tropezos, por fin levamos as nosas plantas "brásicas" a horta (repolos, nabizas, coles,...)


Tivemos que limpar un pouco as malas herbas, pero os bancais estaban listos para plantar. Quedaron as plantas máis menudas dentro das macetas por se non sobrevivían, colocamos ben o rego e etiquetamos.

Quedou todo listo.





venres, 28 de febreiro de 2025

ARGALLANDO MACETAS PARA BIOMISIÓN

Despois das vacacións de nadal viñamos coa intención de transplantar as nosas plantas dos semilleiros ás macetas, pero...


como deixamos as semillas soíñas, morreron case todas, e tivemos que volver plantalas. Por suposto, deixamos todo rexistrado nos nosos informes de BIOMISIÓN.





e xa a mediados de febreiro, puidemos trasplantar case todo dos semilleiros ás macetas. 
Sorprendeunos ter que poñer trocitos de cartón baixo a terra, pero o resultado foi moi eficaz.





sábado, 21 de decembro de 2024

ARGALLANDO O TERREO PARA BIOMISIÓN

Antes de rematar o trimestre, o alumnado de 5º deixou ben preparados os seus bancais para que o compos feito coas follas de inverno deixara todas as vitaminas na terra.
 

Comezamos a tarefa moi limpiños co noso material (algunhas palas e carretillas quedábannos algo pequenas), pero ao final da tarefa estabamos "algo" sucios. 
Fixemos un bo traballo.






sábado, 30 de novembro de 2024

ARGALLANDO CON BIOMISIÓN

 O alumnado de 5º estivo sigue argallando co programa BIOMISIÓN, do que formou parte este ano, traballando da man da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), no CSIC de Pontevedra.


E a mediados de novembro por fin tivemos a primeira visita dos científicos do CSIC.

Explicáronnos que traballaban investigando plantas brásicas, buscando as mellores condicións para que medren e se defendan dos bichos.

Trouxéronnos unha pequena mostra: coles, brecol, nabizas,... que plantamos en semilleros coa etiqueta correspondente.

E fixéronnos un precioso agasallo: un kit para levar boa nota do noso traballo na horta.





luns, 14 de outubro de 2024

BIOMISIÓN: 5º DE PRIMARIA

Da man da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), un centro de investigación no ámbito das ciencias agrarias, forestais e ambientais radicado en Pontevedra e Santiago, as nenas e nenos de 5º de primaria do noso cole van participar no proxecto...
Ciencia para cultivar o futuro 
BIOMISÓN é unha iniciativa de divulgación científica para aprender sobre as sementes, sobre o seu cultivo e sobre o seu uso na cociña.
O proxecto contará con tres fases: investigación, transferencia e congreso.
Agora mesmo as nenas e nenos de 5º de primaria estivemos preparando as hortas para poder comezar co proxecto.
Retirada de malas herbas e prantas que quedaron dos cultivos do curso pasado e recheado dos bancais con terra e abono para comezar a nosa BIOMISIÓN.
Argallando andamos! 
Continuaremos informándovos!

martes, 13 de febreiro de 2024

PREPARANDO A CHEGADA DA PRIMAVERA

Falta menos para que chegue a primavera e nós seguimos enchendo o cole de vida, plantando moitas flores, para que estea aínda máis bonito: encántanos meter as mans e os pes na terra!!
 

mércores, 12 de outubro de 2022

FELIZ DÍA DOS HORTOS ESCOLARES

O día 11 de outubro é o día dos hortos escolares, e non podíamos deixar pasar esta conmemoración sen presumir de horto, porque estamos moi orgullosos do noso e seguiremos R QUE R coidándoo e traballando nel.
Agora estamos recollendo a colleita do curso pasado e non podemos estar máis ilusionados: cenorias, tomates, pementos, fresas... e comezamos a preparar todo para seguir aproveitando ao máximo todos os bancais.
Feliz día dos hortos escolares! Pasade a coñecer o noso porque é unha marabilla!

sábado, 11 de xuño de 2022

PLANTING BEANS

Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...

Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos). 

xoves, 24 de setembro de 2020

MATEMÁTICAS AO AIRE LIBRE

Un dos, moitos, papeleos que teñen que facer os profes é un rexistro de ventilación... así que pensamos: que mellor ventilación que traballar ao aire libre?
Somos moi afortunados porque temos un patio fabuloso no que, ademais de recreos moi divertidos, podemos facer moitas cousas máis, por exemplo: clase de matemáticas!
Toda a tropa de 4º estivemos coa profe Graciela traballando medidas, áreas e escalas na horta.












luns, 10 de febreiro de 2020

PLANTANDO NA HORTA

Os nenos e nenas de 3º estivemos plantando berzas e cebolas, por suposto coa guía da nosa experta preferida: a teacher Fátima... isto marcha!!











venres, 7 de febreiro de 2020

PREPARANDO A HORTA

Coa imprescindible axuda e guía da teacher Fátima estivemos limpando a horta. Ensinounos a facer reghos e falounos das plantas invasoras. A horta é un punto de observación e experiencias infinitas!