Os nenos e nenas de 4º compartiron parte do aprendido durante o curso pasado investigado cousas que nos axudarían a acadar o mundo que queremos. Estas son algunhas ideas a destacar:
- Concienciar que se non separamos ou lixo, vai aos vertedoiros ou acaban en ríos, mares perxudicando e contaminando.
- As enerxias renovables e ou aforro enerxetico son medidas non contaminantes
- A importancia do uso da enerxía e auga controlado e repartición solidaria para todos.
Os nenos e nenas de 1º aprenderon a importancia da reciclaxe e tamén o útil que é, xa que crearon xoguetes a partir de materiais os cales, se non reciclásemos, acabarían no lixo e contaminando.
Presentaron aos compañeiros o seu traballo e ademais compartiron varias cancións relacionadas co seu proxecto, as cales prepararon coa profe Rosa e a teacher Fátima.
Para que desfrutedes tanto como o fixeron os seus compañeiros, aquí vos deixamos parte da súa actuación con 3 destas participacións:
- Un musical titulado: Aziza´s hat (O sombreiro de Aziza)
Polo día da muller, os nenos e nenas de 5º investigaron sobre diferentes artistas galegas e descubriron cousas moi interesantes destas tres grandes artistas: unha fotógrafa, unha escultora en pedra e unha escultora que fai instalacións.
Despois de investigar decantáronse pola escultura e aceptaron encantados a proposta da profe Charo de facer esculturas con material de refugallo: mirade que grandes artistas!
Un exemplo das esculturas do mundo que queremos: coloridas, creativas, e aproveitando materiais que irían ao lixo!
O xoves 18 de maio, os nenos e nenas de 3 e 4 anos, e os de 4º de primaria quixemos participar de forma especial no día das clases ao aire libre: que é unha proposta educativa que quere fomentar a aprendizaxe activa fóra das clases como recurso fundamental no desenvolvemento infantil.
Por iso collemos un bus, financiado pola comunidade de montes de Santomé (grazas!!!) para disfrutar dunha mañá diferente na que puidemos aprender moitar cousas ao aire libre.
Fixemos un pequeno viaxe en autobús ata Lagocheiras, cerca de monte Faro, onde nos esperaba Elena da ANPA que nos levou á casa da comunidade de Montes de Santomé... que é chulísima!
Con Gaspar fomos todos xuntos a ver a Mámoa do Outeiro dos Monos. Contounos para que eran, e tamén nos contou divertidas historias sobre piratas da zona e os tesouros.
Despois de facer un pouco de sendeirismo e xogos ao aire libre, tarde volvemos e fixemos unaha pequena plantación:
- Fresno
- Rododendrum Arboreum (Flor vermella)
- Rododendrum Ponticum (Flor lila)
Ademais Gaspar explicounos varias cousas interesantes sobre a plantación, por exemplo como teñen que estar as raíces para plantar.
Despois a ANPA convidounos a merendar deliciosos bocatas, melón e sandía.
Aquí vos deixamos un resumo fotográfico desta fermosa mañá na que disfrutamos un montón e aprendemos moitas cousas sobre a natureza e como debemos coidala neste mundo que queremos ver sempre verde!
Sen dúbida... fora das aulas tamén podemos aprender un montón, ademais:
A profe de relixión evanxélica e Alex, de 5º, puxeron en marcha un proxecto cun título moi desafiante, dentro do PDI do cole (O mundo que queremos).
A exposición do proxecto deixa moi claro o obxectivo que buscan, pero eles mesmos se encargarán de facer unha visita guiada con todos os cursos para explicarlles como este proxecto vai ser de utilidade para todos os que formamos o cole.
Nesta visita guiada primeiro explicarán a historia na que se basa o proxecto....
...e compartirán un pequeno vídeo con esta historia, ao que se pode acceder polo código QR.
Tamén recordarán a base do seu proxecto, o que queren que todos aprendamos e fagamos ante calquer situación... pero non se quedan so en ideas bonitas senón que nos animan a poñelas en práctica.
1. Hai un espazo para escribir ideas prácticas sobre como mellorar o cole: vai pensando algunha!
2. Hai unha urna onde podemos escribir as nosas necesidades persoais nas que nos gustaría recibir axuda.
3. O último espazo está reservado para os voluntarios: queres axudar a outras persoas do cole? anótate! Podes axudar en calquera cousa ou dicir en que cousas eres experto para poder axudar a outros.
Desta forma buscaremos mellorar o cole e axudarnos uns aos outros de forma práctica, porque todos podemos axudar en algo: ANÍMATE: VAI E FAI TI O MESMO!