martes, 28 de febreiro de 2023

OS DE 5º EN MISIÓN ALBA

Misión ALBA é un proxecto educativo de ciencia dirixido a alumnado dos últimos cursos de primaria.
O alumnado de 5º participou na misión: "O misterio do compás que non apuntaba ao norte". O laboratorio 2 foi resolto, o equipo de 5º, “ Erre que erre”, montaron o circuito eléctrico, experimento coa electricidade e a forza electromagnética

luns, 27 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALIA - 23 FEBREIRO 2023

ESCRIBIMOS, ILUSTRAMOS E RECITAMOS
Un ano máis no CEIP de Seixo quixemos recordar a figura da escritora galega, Rosalía de Castro.
Este ano realizamos actividades de lectura, escritura, ilustración e recitado de poemas. Algunhas das actividades feitas foron as seguintes:

O alumnado de 6º de Educación Infantil, realizarou este mural sobre o poema "Paseniño". Entre todos os nenos e nenas da aula fixeron esta gran ilustración do poema que tamén colorearon. Ademáis escribiron a letra do poema a ambos a lados da ilustración.


O alumnado de 5º de Educación Infantil, fixo a decoración da súa porta de aula. Nela vemos unha imaxe da propia Rosalía, coloreada polos nenos e nenas da aula e o poema "Parece unha rosa", escrito a diferentes colores polos pequenos e pequenas. Que grandes escritores e escritoras están en camiño¡¡¡¡¡


O alumnado de 4º de infantil achegouse á figura de Rosalía escoitando poemas seus a través do conto "Parece unha rosa" do que aprenderon un par de estrofas. Ademais fixeron uns retratos moi coloridos da poeta mentres escoitaban cancións do disco de Uxía: "Rosalía pequeniña"

  

    O alumnado de 6º de Educación Primaria fixeron recitado de poemas de Rosalía que compartiron co resto de compañeiros e compañeiras do centro. Aquí o vídeo: 

mércores, 22 de febreiro de 2023

DESFILE DOS SÚPER ERRES

Por fin, despois duns anos ben rariños, puidemos recuperar a festa do Entroido ao 100% e os Súper Erres percorremos, con moita ilusión, as rúas de Seixo. 

Ser un súper heroe tan lucido non é sinxelo: hai que xuntar moito cartón, periódicos usados, teas vellas, tapóns... e ser súper artistas como as nenas e nenos de Seixo, que fixeron os seus traxes con moooooito traballo!


Moitas ERRES en acción: reutilizar, reciclar, recuperar, rediseñar.... e así saíron tantos súper hereínas e súper heroes cargados de superpoderes para coidar a natureza!


Por suposto a festa non sería o mesmo sen a ANPA máis molona do mundo mundial, elas tamén son unhas súper heroínas con moito estilo e bo rollo!!! Graciñas unha vez máis pola vosa axuda!


Os súper profes tamén traballaron moito nos seus disfraces: pedazo equipazo!


Graciñas a todas as familias que nos acompañastes no desfile: os vosos traxes molaban moito! E grazas tamén ás que non puidestes vir pero que vos houbese gustado! Todas sodes unhas súper familias!!
Aquí vos deixamos un vídeo deste día tan chulo!

xoves, 16 de febreiro de 2023

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (4ª TEMPADA_4)

Dende A VOZ DE ARNALDO facémosvos unha nova entrega de...
Por aquí vos deixamos o programa do día de hoxe...
4º PROGRAMA
Dedicatorias:
- A profe Jeni ao profe Óscar. (Como tú no hay dos)
- Xiana de 6º de primaria a Noa e Carlota. (Another love)
- María de 1º de primaria a Valeria da súa clase. (Despacito)
- A profe María José a todos os profes do cole. (Caminar)
- Sabrín a toda a súa clase de 6º de primaria. (Osito gominola)
- A profe Jeni a Óscar da clase de 3º de primaria. (Libertad)
- Noa Viqueira de 1º de primaria a Mía e Olivia. (Mariposas).

mércores, 15 de febreiro de 2023

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (4ª TEMPADA_3)

Dende A VOZ DE ARNALDO facémosvos unha nova entrega de...
Por aquí vos deixamos o programa do día de hoxe...
3º PROGRAMA
Dedicatorias:
- Unai de 1º de primaria a toda a súa clase. (Don´t you worry)
- Antón de 3º de primaria a Haizea. (Dale vieja dale)
- Sergio de 1º de primaria a Valeria. (Inspiración de Encanto)
- Eva Soto a Leo da clase de 5 anos. (Súbeme la radio)
- Antón da clase de 1º de primaria a Leo e Azul. (Veranito en Jalisia)
- Nicolás Amoedo a Sabrín da clase de 6º de primaria. (Sesión 53 de BZRP y Shakira)
- Leo Juncal a Sergio e Antón. (Rock molón)

martes, 14 de febreiro de 2023

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (4ª TEMPADA_2)

Bos días a todas e todos!
Dende A VOZ DE ARNALDO queremos facervos unha nova entrega de...
E que mellor día para facelo que no día de hoxe... O día do amor e da amizade!
Por aquí vos queda esta nova entrega para que a poidades escoitar cando queirades.
Non volas perdades porque hai moreas de dedicatorias e moreas de estilos diferentes...
2º PROGRAMA
Dedicatorias:
- Daniela a Anxo Riveiro e Antón. (Pepas)
- Pedro a Noa. (Tacones rojos)
- Roque a todo o cole. Diego a Roque. Leire a toda a súa clase de 5º de primaria. Eva a Eluney e Mario. (Waka waka)
- Carmen a Sherezade e Olivia ao Clip da carballeira da clase de 5º de primaria. (Despechá)
- Darío ao seu profe Edu. (Molinos de viento)
- Nikela a toda a súa clase de 5º de primaria. (La cucaracha).
- Noa de 4º de primaria a todos os profes. (Volar)
Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!

luns, 13 de febreiro de 2023

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (4ª TEMPADA_1)

Un ano máis damos comezo ao programa de radio máis esperado do Concello de Marín....
O programa da música adicada!
Deixámosvos por aquí a primeira entrega desta 4ª edición...
1º PROGRAMA
Dedicatorias:
- Vera de 4º de primaria a Clara, Noa e Sara (Súbeme la radio)
- Martín de 5º de infantil a Antón R. e Anxo A. (Osito gominola). Tamén Carlos de 5º de primaria a Unai.
- Clara de 4º de primaria a Vera, Sara e Noa. (Magia)
- Emma de 4º de primaria a Eva (Mon amour).
- Carmen de 2º de primaria a Clara (Madre Tierra).
Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!

luns, 6 de febreiro de 2023

DÍA DA RADIO, DO AMOR E DA AMIZADE

Un ano máis e como non podía ser doutra forma unha nova edición de...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
está en marcha!
No Cole de Seixo celebraremos o Día da Radio dun xeito moi especial! Prestade moita atención!!!
O recuncho da amizade e do amor xa está preparado!
Agora só queda encher o buzón coas vosas dedicatorias!
Prestade moita atención porque na hora do recreo emitaranse os programas en directo dende...
E xa sabedes... pode que eu...
teña unha canción para vós!

xoves, 2 de febreiro de 2023

IV CARREIRA SOLIDARIA

Seguimos RqueR e por iso este ano celebramos o día da Paz cheo de erres, porque unha R moi importante tamén é Repartir: temos tanto que non hai nada mellor que compartir cos demais. 

Por iso festexamos o día da PAZ recollendo alimentos que Cáritas Santomé e AMENAC se encargarán de repartir: xuntamos un montón de galletas e cacao (que é o que nos pediron dende as ONGs).

Fixemos a "IV Carreira Solidaria: corre con Arnaldo" que, por fin, puidemos volver a compartir coas familias e cos veciños da Galiña Azul: eramos un montón!!


Por suposto non gastamos papel nin tinta para facer os dorsais, trouxemos teas vellas e cada un fixo o seu: foi moi divertido e quedaron preciosos! Ademais xa están gardadiños para reutilizar o ano que ven!


Deixámosvos por aquí un vídeo resumen da carreira:


Grazas á colaboración de Supermercados Camar e de Augas San Xinés repartimos auga, froita e iogures a todo o alumnado. Unha vez máis graciñas ás mamás da ANPA que nos axudaron a repartir toda a merenda. Grazas tamén ao Concello de Marín por prestarnos o arco.