Amosando publicacións coa etiqueta olimpiada investigadores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta olimpiada investigadores. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de outubro de 2017

A BIBLIOTECA ESTÁ EN MARCHA

Con moita alegría e emoción inauguramos a biblioteca. Un gran Arnaldo nos deu a benvida a todos e todas a unha biblio con novos libros, recursos, mobiliario... unha biblioteca chea de ilusión e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir.... ay! que ganas tiñamos de poñernos en marcha! 

Grazas a Esteban de Tarabelos por
axudarnos a facer esta silla tan marabillosa! 

Todos nos xuntamos para inaugurar a biblioteca neste novo curso. 



Nestas fotos non podemos lucir ao 100% o bonita e acolledora que está, pero si podedes ver que é práctica e funcional, permitíndonos reorganizala rapidamente para dar cabida a todo o alumnado. 



O mellor é que nos visitedes o martes ou o xoves de 16:30 a 18:30 para ver todos os cambios... e os que iremos facendo durante este curso!




Dende o novo alumnado da clase de 3 anos ata o de 6º, todos quedamos pasmados co gran Arnaldo e con algunhas das novidades que nos contaron. 





Foi o día perfecto para poñer en marcha as mochilas viaxeiras que levaran lecturas e música ás casas de todo o alumnado.



Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas! 



Outro momento especial foi a entrega de agasallos a todos os participantes na II Olimpiada de investigación, sobre Carlos Casares, que se levou a cabo durante o ano pasado. Que alegría: participaron case 40 nenos e nenas, parte dos cales xa están no instituto pero lles faremos chegar o seu agasallo... ogallá este ano sexamos aínda máis! 



E os gañadores das diferentes categorías levaron un agasallo especial e foron os afortunados en inaugurar e silla máis boita do mundo mundial! 



Dani foi investigador máis intrépido dos cursos de infantil. 



Mateo foi o que descubriu máis cousas de Casares entre o alumnado de 1º e 2º 



Dani foi o que resolveu máis preguntas entre o alumnado de 3º e 4º



Laura e Martín resolveron o mismo número de preguntas, o máximo entre todos os investigadores de 5º e 6º.




Arnaldo tamén aproveitou para dar a benvida ao novo alumnado do cole, os máis pequerrechos do cole aos que lles encanta subir "a casa de Arnaldo" 




Visitádenos moito, estamos desexando 
que vexades as novidades en directo!

venres, 2 de xuño de 2017

EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES

Durante varios días desfrutamos lendo os contos de Casares que viaxaron por todo o cole dunhas clases a outras. De forma especial cada clase encargouse dun conto para compartir cos demais e que todos poidades coñecer a obra infantil de Carlos Casares. Aquí xo vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballaron os nenos, podedes visitar as entradas do cole e ver todo: merece a pena!
























venres, 12 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

Encántanos ver todo o que fan os nosos alumnos e alumnas, pero tamén desfrutamos un montón coas creacións de outros nenos e nenas, coas que aprendemos e nos inspiramos.
Mirade que versións tan chulas de A Galiña Azul de Carlos Casares.

Esta foi feita polos nenos de 2ºC do CEIP Fontiñas:



Esta fixérona todas as escolas do CRA de Rianxo:


Noraboa aos dous centros por esos traballos tan chulos!

luns, 8 de maio de 2017

LIÑA DO TEMPO DE CASARES

No Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras fixeron unha fantástica liña do tempo de Carlos Casares, seguro que resulta moi util aos mestres para achegar ao alumnado a este gran autor galego.

Para ver a liña do tempo premede na imaxe:

 

Se queredes ver con máis detalle as fermosos montaxes que fixeron, premede nesta imaxe:

domingo, 7 de maio de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS CON CARLOS CASARES

Queremos recomendarvos unha páxina con diferentes recursos e información sobre Carlos Casares, que ademais ten unha presentación moi bonita e coidada. 

Se queredes visitala premede na imaxe.

sábado, 6 de maio de 2017

FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Na páxina da Fundación Carlos Casares tamén podedes acceder a moita información sobre a vida e obra de Carlos Casares: ver fotos, escoitar audios....

Premede na imaxe e visitaredes a súa páxina:

luns, 10 de outubro de 2016

I OLIMPÍADA DE INVESTIGADORES: ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe inauguramos oficialmente a biblioteca con todo o alumnado e profesorado do cole... e na biblio había un montón de agasallos!


Aproveitamos a inauguración para entregar os premios da I OLIMPIADA DE INVESTIGACIÓN que se levou a cabo durante as tardes do curso pasado. 


Todos nos xuntamos para ver como a biblioteca non deixa de cambiar e mellorar cada día.


E puidemos compartir a alegría dos compañeiros e compañeiras que participaron na olimpíada. 


Repartíronse uns agasallos a todos os participantes. 


Algúns comezaron a olimpíada e fixeron o seu carné de investigadores, noraboa a todos e todo o ánimo do mundo!


En 4º e 5º lugar quedaron 4 grandes investigadoras! 


No 2º e 3º posto do taboleiro acabaron estes 5 súper investigadores!


Todos estabamos collendo forzas para dar un gran aplauso ao investigador que chegou máis lonxe no taboleiro da olimpíada. 


Noraboa a Mateo por ser un gran investigador!!


Moitos cadernos de Arnaldo andan polo cole para poder seguir investigando. 


Estade atentos, porque pronto comezarán actividades especiais para as tardes da biblioteca, lembrade: martes e xoves de 16:30 a 18:30.

martes, 31 de maio de 2016

OS DE 3º PARTICIPANDO NAS OLIMPÍADAS

Coñecedes a olimpíada de Arnaldo que temos en marcha polas tardes?? Se queredes saber máis sobre ela premede no taboleiro... ahí podemos ver a posición dos intrépidos participantes que están investigando.


Investigadores recoñecidos e identificados por Arnaldo ;) 


Hoxe os nenos e nenas de 3º aproveitaron a hora de ler para investigar a Manuel María e avanzar nas últimas preguntas da olimpíada...


Buscaron información nos ordenadores...


...en libros...




...nos paneis informativos que hai polo cole... 



Animádevos a participar, recordade que a biblio está aberta todos os martes e xoves polas tardes!