luns, 24 de abril de 2017

MAXIA NO COLE

Dentro das actividades especiais de Abril dos libros, recibimos unha visita moi especial. O Mago Paco estivo con nós para presentar o II Festival Nacional de Maxia que se celebrou en Marín. 


Paco compartiu maxia e moitas risas con todo o alumnado, non hai mellor proba que ver as caras dos nenos e nenas, non perdades detalle:


Maxia en abril dos libros by Slidely Slideshow

domingo, 23 de abril de 2017

SAÍDA MUSICAL

Os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron no teatro para disfrutar dun concerto didáctico: A marabillosa historia do violín trompeta, de Fetén Fetén. Neste concerto os nenos viaxaron a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do país. 


Coñeceron estilos musicais que chegaron desde lugares afastados e que pasaron a ser banda sonora nacional, enriquecida coa influencia de numerosas e variadas culturas. 
Puideron ver instrumentos do máis variado: acordeón, violín, frauta travesera, mandolina, gaita ou mesmo unha cadeira de cámping.


Visita ao teatro by Slidely Slideshow

xoves, 20 de abril de 2017

CIENCIA EN MOVEMENTO

Entre tanta foto sempre se traspapela algunha... como as de esta actividade que fixemos en decembro todo o alumnado de 5º e 6º, e que resultou moi divertida e interesante. 



Ciencia en movemento demostrounos que unha das mellores formas de espertar a curiosidade e aprender é experimentando. 



Por iso montaron na biblioteca un museo científico con máis de 50 obxectos co lema:“PROHIBIDO NON TOCAR”



Mirade que ben o pasamos

Ciencia en movemento by Slidely Slideshow

martes, 18 de abril de 2017

FORMACIÓN RADIOFÓNICA

Durante varios días, todos os nenos e nenas do cole visitaron a radio en pequenos grupos para coñecer o seu funcionamento e descubrir as posibilidades desta nova ferramenta que temos ao noso servicio.
Foi moi divertido converternos en técnicos de sonido, en entrevistadores... 
De paso recordamos o funcionamento e organización da biblioteca para ser cada vez máis autónomos no seu uso.
 









venres, 7 de abril de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

Os nenos e nenas de 3º, 5º e 6º de primaria estiveron de visita no salón do libro e disfrutaron moito cos diferentes obradoiros e actividades que alí fixeron. Mirade o ben que o pasaron. 


















martes, 4 de abril de 2017

AS FAMILIAS CON ROSALÍA

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, pedimos colaboración ás familias para a actividade: #RosaliaTe.
Sabemos que non concidiu ben por xuntarse co entroido e a elaboración dos disfraces, pero casí nos despistábamos de publicar as fermosas fotos que unhas alumnas enviaron coas súas familias... e con Rosalía!
Grazas a Vera, Laura, Nagore, Irene e Erika por animar as vosas familias: sodes estupendos!