venres, 29 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celebramos no cole unhas sesións formativas arredor do...
25-N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo de toda a mañá todos os nenos e nenas do cole foron pasando pola biblio para participar dunha actividade moi interesante que ofertou o Concello de Marín a través da Concellería de Benestar Social.


Unha actividade de igualdade e contra a violencia de xénero que se achegou ao noso cole a través dunha caravana morada que estivo instalada no patio...
e que puideron visitar todas e todos cos seus familiares...
Por aquí vos deixamos algún vídeo que vimos durante a sesión...

venres, 22 de novembro de 2019

FELIZ DÍA DA MÚSICA!

E por fin chegou o día e no Ceip de Seixo celebrámolo por todo o alto con...
e o seu espectáculo de contos cantados...
UNHA TERRA CHEA
Un traballo musical creado, dirixido e interpretado por Marcos Acuña
cheo de moreas de contos cantados no que o pasamos moi ben e desfrutamos moitísimo!!!

Empezou cunha boa premisa que resume o que é o día da música: "...imos celebrar que a música temos para xogar, e así ímonos divertir e coa música un cacho imos rir. Todos a cantar, todos a bailar, todos imos rir e a desfrutar..."
Dous pases do espectáculo no que Arnaldo tamén puido comprobar canto bailamos, cantamos, desfrutamos, rimos e participamos...
Neste vídeo podedes ver en detalle o moito que participamos: co ben cantamos vannos ter que poñer a todos un sobre en música!
Sen dúbida Galiza é unha Terra que está cheiña de contos, de cantigas... e encantounos cantar algunhas cancións tradicionais e moi coñecidas co novo estilo e ar fresco que lle da Marcos...
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que poidades ver máis fotos e comprobar vós mesmos o ben que o pasamos...

Fomos uns afortunados porque tivemos a sorte de poder presenciar en Seixo a estrea mundial deste espectáculo...
Por iso o profe Tano, en representación de todo o cole, entregoulle a Marcos un agasallo como recordo deste día!
Graciñas Marcos por querer compartir con nós esta festividade!
Ata outra!!!

ATRÉVETE A ABRILO!

Un ano máis, froito do traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego.


O obxectivo é facer chegar ás familias, e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Mandamos unha gran aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, coñecido no noso cole por facer varias contadas, axudarnos a decorar o muro de infantil, a biblioteca... Pois unha vez máis demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa e suxerinte para as guías. Graciñas Esteban: es un artistazo! 

Atoparedes 3 guías porque están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas! 

Premede en cada imaxe para acceder a todas as recomendacións e poder velas con máis calidade.





Aquí deixámosvos un cartel que xunta todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe. 


luns, 18 de novembro de 2019

CELEBRAREMOS O DÍA DA MÚSICA CUN CONCERTAZO

O vindeiro venres día 22 no Ceip de Seixo celebraremos o...
DÍA DA MÚSICA!!!
A compañía TRUQUE MATRUQUE, a cargo de Marcos Acuña, co seu espectáculo "UNHA TERRA CHEA" actuará na Biblioteca do noso cole para celebrar por todo o alto o DÍA DA MÚSICA!
Por aquí vos deixamos máis información do que nos espera!
Estamos desexando celebrar esta festividade!

venres, 15 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

E chegou un ano, máis cargadiño de ilusións e alegrías, para festexar o Magosto no noso cole e pasar unha mañá estupenda.
Os papás e as mamás, encargáronse (como xa é costume) de preparar as castañas que todos degustamos, cun chisquiño de refresco a elixir.
Moitísimas gracias familias por toda a colaboración que sempre nos brindades, sodes estupendos!
Despois da papatoria pasámolo fenomenal xogando.

Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas fotos que amosan o ben que o pasamos e canto disfrutamos deste día de Magosto en Seixo.

venres, 8 de novembro de 2019

CONTINUAMOS CON MÁIS NOVIDADES

Ola amiguiños!
Despois da exposición temática polo Samaín, os andeis da Biblio de Arnaldo xa volven estar ateigados de novidades!
Non esquezades botarlles unha ollada!



Seguiremos incorporando moitos máis! Non volo perdades!