Amosando publicacións coa etiqueta hábitos saudables. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hábitos saudables. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2026

XORNADA DE BALONMAN EN CANGAS

O alumnado de 4º de EP do noso cole asistiu o xoves 11 de xuño a unha xornada lúdico deportiva no pavillón de Romarigo en Cangas para poñer en práctica os seguintes deportes: Datchball, Tchoukball e Balonmán. 

Esta actividade está enmarcada dentro do programa XOGADE e organizada polo equipo do Balonmán Cangas.

  

 

 

martes, 10 de marzo de 2026

PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS no CEIP de Seixo

PROMOCIÓN DA SAÚDE
- PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS-
O mércores 11 de Marzo o SERVIZO DE FISIOTERAPIA DO CENTRO DE SAÚDE DE MARIN imparteu dúas sesións para o alumnado do cole de Seixo sobre como prever a Dor de costas.
Para o alumnado de 3º de EP a sesión consisteu nunha charla con diapositivas e intercambio de información co alumnado na biblioteca.


       
Para o alumnado de 6º a sesión tivo lugar na súa aula e foi máis interactiva, pois os contidos foron explicados como resposta a unhas preguntas que debían responder en grupo empregando un kahoot.

        Agradecer a información práctica que nos ensinaron e que nos comprometemos a poñela en uso.

martes, 21 de outubro de 2025

SEIXO NA COPA ENCE ROWER INDOOR ESCOLAR

As nenas e nenos de 5º de EP do CEIP de Seixo asistimos o pasado venres 17 de outubro ao Pavillón de A Raña, xunto con outros nenos e nenas de Marín, Bueu, Cangas e Moaña para participar na...

COPA ENCE ROWER INDOOR ESCOLAR

Unha actividade de convivencia con outros coles e de toma de contacto cunha actividade deportiva que a maioría non coñecíamos nin practicáramos antes.

Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que ides poder ver o ben que o pasamos!!!
 
 

Grazas ao programa XOGADE por axudarnos a poder desfrutar destas experiencias!

martes, 14 de maio de 2024

FACEMOS PIZZAS!

Que mellor maneira de repasar as matemáticas que levándoas á vida cotiá? No pasado mes de abril, o alumnado de terceiro de pimaria foi mercar os ingredientes necesarios para levar a cabo as receitas das pizzas que elaboraron previamente na clase. Ademais de divertirnos un montón elaborando as nosas propias pizzas, puidemos desfrutar coméndoas... e que ricas estaban!!
 


martes, 23 de xaneiro de 2024

VISITA DEPORTIVA AO CEIP de SEIXO-MARÍN

O CEIP de SEIXO, o martes 16 e mércores 17 de xaneiro, recibiu a  visita do Club BUEU ATLÉTICO BALONMÁN. O alumnado de 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP, a través de tres integrantes do clube, realizaron unha primeira toma de contacto co seu deporte, o balonmán. 
A continuación, deixamos un vídeo onde amosamos unha pequena parte das sesións tan dinámicas e divertidas coas que nos motivaron para empezar a practicar o Balonmán.
Moitas grazas pola visita e ata outra.


mércores, 21 de xuño de 2023

CAMPIONATOS DEPORTIVOS NO RECREO

Os campionatos no recreo son unha das actividades estrela dos recreos do último trimestre: son moi emocionantes e divertidos! Despois de formar os equipos e de facer o sorteo público, desfrutamos de moitos recreos xogando partidos de: atrapa a bandeira, brilé, baloncesto e futbol sala. E os peques de infantil tamén tiveron as súas probas!!
 

Outro dos momentos máis esperados é o partido do alumnado de 6º contra os profes, sempre é moi divertido!!
 
 

Este ano un grupo de exalumnos foron os encargados de facer a entrega de trofeos aos gañadores. "Equipo salvaxe", de 5º, foi o campión en brilé e "Driller-nike", de 6º, de atrapa a bandeira, baloncesto e futbol sala.  Ademais, tamén se entregaron premios especiais de participación a todo o alumnado: un chaveiro especial feito na impresora 3D.


O ano que ven: máis e mellor!!

venres, 28 de outubro de 2022

VISITA DO MARIN FUTSAL

O mércores 26 de outubro recibimos a visita do Clube Marín Futsal. O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria desfrutaron dunha sesión co coordinador da base, Jabugo, o adestrador do equipo da 1ª División Feminina, Ramiro López e dúas das xogadoras, Bea Mateos, natural de Salamanca ,e Ale de Paz, natural de Neda (A Coruña) e que acaba de participar no Preeuropeo feminino de Finlandia onde España conseguiu o billete para a fase Final6 de marzo.


O obxectivo desta visita é promocionar o fútbol sala femenino, o clube e compartir co alumnado experiencias vividas coa práctica do deporte.
 
A sesión tivo dúas partes: a primeira de charla, onde se falou das características deste deporte, nº de xogadores/as, terreo de xogo, posicións,... e a segunda de práctica, onde o alumnado desfrutou de pequenos partidillos xunto coas xogadoras no ximnasio do centro.


Para finalizar, as xogadoras repartiron entradas para o partido deste sábado 29 de outubro entre o Marin Futsal e a AD Alcorcón no pavillón da Raña ás 17 horas.


Dende o CEIP de Seixo, agradecemos a visita ao clube Marín Futsal e desexámoslle moita  sorte para este partido e o que resta de liga.

venres, 30 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Todo o cole desfrutamos de outra actividade especial: "Ponlle as pilas ao teu bocata", unha campaña da Consellería do Mar para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e nenas.
Pinchade na imaxe se queredes saber máis sobre esta campaña.


Está actividade tamén está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o cole, dentro da modalidade "Aliméntate ben"


Ademais de aprender moito do beneficiosas que son as conservas, cada un tomou de merenda o bocata que elixiu entre un montón de ingredientes sans e deliciosos. Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da actividade que desfrutamos cos PANS: profes da alimentación e nutrición saudable. 


Bocatas de sardiñas, de atún, de vexetais.... paparon todiño!! Opcións moi sans e deliciosas para que lle mandedes na merenda.

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Todo o cole desfrutamos dunha actividade especial: "O sabor da aventura está no mar". Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias animándoos a comer diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. 
Pinchade na imaxe se queredes saber máis sobre esta campaña na que participa o cole.


Está actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o cole, dentro da modalidade "Aliméntate ben"


A actividade basouse nun pequeno teatro didáctico (no que nos repartimos en 3 grupos por idades) e diferentes xogos. Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos co patrón de pesca Luis, a peixeira e Mariña.



Todos firmamos esta carta de compromiso que compartimos coas familias para que nos axuden a cumplir o compromiso. 



No blog da profe María José podedes ver algo máis sobre esta actividade.