luns, 22 de xuño de 2020

GRAZAS!... Vémonos en setembro!!

Hoxe despedimos o blog do curso 2019-20. Un curso único e diferente a todos os vividos, un curso cheo de incerteza, preocupacións, medo... un curso no que todos aprendemos un montón de cousas que non imaxinábamos. Aprendemos a comunicarnos de outro xeito: por medio de pantallas, de chamadas telefónicas, de correos,... aprendendo que a distancia tamén pode unirnos e que a escola non está pechada nas paredes dun edificio.


Todo o profesorado do CEIP Seixo botamos a vista 3 meses e pico atrás e sentimos moita gratitude cara ao alumnado polo seu esforzo, traballo e ilusión, e cara ás familias pola súa axuda, esforzo e implicación durante a corentena: que orgullosos nos sentimos! Este vídeo é unha despedida, chea de cariño e agradecemento, dun curso único e inesquecible.


GRAZAS de corazón. Sabemos que non foi fácil, pero xuntos conseguímolo. Descansade moito no verán e recargade as pilas. Setembro ven cargado de incerteza e non podemos facer moitos plans, pero seguiremos traballando en equipo e seguro que será un ano inesquecible. 

Mandámosvos moitas apertas fortes... 
vémonos en setembro!!!

sábado, 20 de xuño de 2020

ATA SEMPRE!

Onte tivo lugar no cole un acto moi emotivo de despedida do alumnado de 6º de primaria...
Acompañados das súas familias, e das representantes da nosa ANPA (unha vez más apoiando os actos do cole), puideron desfrutar dunha despedida atípica pero non por iso menos importante...
Da man da súa profe María José recibiron os diplomas que lles acreditaban rematar a etapa de educación primaria...
Como non podía ser doutra forma, Arnaldo, a través dos profes do Equipo de Biblioteca entregoulles aos bibliotecarios deste ano uns imáns de recordo e un diploma que acredita a labor de cada un e unha na biblioteca do noso cole.

A profe Sabela quedou encantada de poder facer unha foto cos seus nenos e nenas da clase de relixión católica...
E a profe María José tampouco quixo perder a oportunidade de facerse unha última foto de grupo con eles...
As compañeiras Mapi e Yoli, do IES CHAN DO MONTE, tiveron unha pequena reunión con eles para explicarlles cousiñas e novidades do que se van atopar na nova etapa que van comezar en setembro...
Por aquí vos deixamos a orla deles...
PROMOCIÓN 2011-2020
Tan só rematar dicíndovos que nos encantou vervos medrar e que vos desexamos todo o mellor para o voso futuro!Arnaldo despídese con este pequeno vídeo... Mirade, mirade!

As portas de Seixo quedan abertas de par en par para que volvades a visitarnos cando o desexedes! O futuro é voso! Que vos sorría!

venres, 19 de xuño de 2020

OS NENOS E NENAS DE 6º DESPÍDENSE DO COLE

Hoxe péchase unha etapa para os nosos nenos e nenas de 6º de primaria. 
Hai uns días propuxémoslles unha actividade...
Dende a distancia á que nos obrigou esta situación... por aquí vos deixamos as súas despedidas.
DESPOIS DE 9 ANOS...
REMATAMOS CONFINADOS!
Por outra banda, eles, os nosos protagonistas de hoxe, os nenos e nenas de 6º de primaria, realizaron un vídeo que lles queren dedicar a todos os profesores que lles deron clase durante estes anos. Dedícanlles estas palabras:
Profes! Queríamos darvos as gracias pola excursión de fin de curso que non se puido facer, polos festivais, por ensinarnos principalmente a ser boas persoas... e por un montón de cousas máis que agora ides ver neste vídeo que con tanto cariño vos preparamos.
Moitas gracias por todo! Desexamos que vos guste!

Ata pronto!
ESTADE ATENTOS ESTES DÍAS PORQUE OS PROFES GARDAN UNHA ÚLTIMA SORPRESIÑA PARA VÓS!

FELIZ VERÁN!

Moi bos días! Seguindo unha das últimas propostas que se fixeron dende o cole...
Desexamos que vos guste moito o vídeo que vos prepararon! Para un fin de curso tan raro... unha despedida diferente e orixinal!
Os nosos lagartiños de Seixo deséxanvos...
FELIZ VERÁN!
Moitísimas gracias a todos e todas pola vosa participación!
ESTADE ATENTOS ESTES DÍAS PORQUE OS PROFES GARDAN UNHA SORPRESIÑA PARA VÓS!

xoves, 18 de xuño de 2020

CONCURSO DE PORTADAS PARA AS AXENDAS ESCOLARES

Moi boas a todos e todas!
Sabedes que hai uns diiñas publicamos o primeiro concurso de portadas para as axendas escolares do vindeiro curso 2020-2021...
Despois da reunión que tivemos todos os profes queremos anunciarvos que a proposta gañadora é a de...
VERA (1º PRIMARIA)
Noraboa VERA! 
O teu debuxo estará en todas as axendas escolares do Ceip Seixo o vindeiro curso 2020-2021. Non te esquezas, por favor, de achegala ao cole (antes do martes 23) para que poidamos empezar a preparala!

Queremos anunciarvos tamén que se decidiu que na contraportada destas axendas aparezan catro debuxos máis... 
E os gañadores e gañadoras son:
IZAN (5º PRIMARIA)
GISELLE (2º PRIMARIA)
FRAN (5º PRIMARIA)
SABELA (5º PRIMARIA)
Noraboa tamén para vós os 4!
Non vos esquezades, por favor, de achegalas ao cole (antes do martes 23) para que poidamos empezar a preparalas!

Moitísimas gracias a todos os que quixéstedes participar!

mércores, 17 de xuño de 2020

ATA SEMPRE PROFE MARICARMEN!!

Hoxe temos unha noticia triste pero ao mesmo tempo moi alegre. Despedimos a unha profe pero por un bo motivo: chegou o día da súa xubilación!! Somos moi afortunados porque, despois de toda unha vida adicada á ensinanza, a profe Maricarmen despídese en Seixo.


Aquí viviu os seus 11 últimos cursos, e os nenos e nenas da súa última titoría queren despedila como merece e de parte deles é este vídeo tan divertido e emotivo! 


Nunca esquecerán os seus primeiros anos no cole e a súa primeira profe en Seixo... teñen un montón de bos recordos... neste vídeo vos deixamos algúns.


Aínda que este fin de curso é moi raro, tamén é único e especial, como a profe Maricarmen: non calquera se xubila nunha pandemia!! 
Profe: non podemos despedirte con bicos e apertas como nos gustaría, pero sabemos que esta despedida virtúal será inesquecible! Seixo sempre será a túa casa, ven moito a visitarnos. Bicos mil de tantos nenos e nenas que estiveron na túa clase e de todo o profesorado que compartimos contigo esta aventura.

martes, 16 de xuño de 2020

DESPEDIDA DO TEACHER MANUEL

Moi boas a todas e todos!

Hoxe queremos deixarvos por aquí unha sorpresiña! Prestade moita atención...


Ola rapaces! O curso xa toca a súa fin. E esperamos que pronto esta situación sexa coma esa sensación de quen ten un mal soño e nada máis...
Pola miña banda de profe de Reforza-t dicir que foi un inmenso pracer coñecervos a todos vos. Eu penso que o inglés, o galego, a música, tódalas linguaxes son idiomas que poden usarse para mostrar as máis profundas inquedanzas. 
Por isto, quería adicarvos esta canción xa que descubrímola xuntos nas clases de inglés onde colaborei con Fátima a quen lle fago estensible estas grazas xunto cunha aperta xigante. Grazas mestra!

Os demáis que aproveitedes o tempo que nos foi dado porque como aprendimos todos non sempre é cousa nosa poder xestionalo o noso xeito. Bicos e apertas. Por unha pronta vacina e moita saúde!
Para calquera cousa estarei, para cando o precisedes, no correo electrónico:
profe.manuel.seixo@gmail.com

luns, 15 de xuño de 2020

REMATA O CURSO

Moi boas a todas e todos!
Xa non queda nada, un ano máis chegamos ao remate do curso escolar. Este ano dun xeito diferente pola situación que xa todos coñecemos de sobra. 
Pero por iso mesmo e porque é diferente queremos propoñervos as últimas actividades para que vos animades a participar...
Prestade moita atención que comezamos!!!
INFANTIL
Unha actividade para que os máis pequerrechos se poidan despedir dos seus compañeiros e compañeiras, aínda que sexa de xeito virtual, e desexarse entre eles unhas felices vacacións.
Convidámosvos a participar enviando vídeos cunha temática refrescante e de verán: con gorros, roupa de verán, no río, na piscina, de picnic, na praia, xogando na area, e todo o que se vos ocurra...
Lembrade gravar os vídeos de forma HORIZONTAL. Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as vosas despedidas. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027
1º, 2º, 3º, 4º e 5º
I CONCURSO DE PORTADAS 
AXENDA ESCOLAR 2020-2021
Para todo o alumnado de primaria, excepto os de 6º que xa nos deixan este ano, propoñémosvos que fagades o voso deseño para a portada das axendas do vindeiro curso escolar.
Obrigatorio: os debuxos deben ser feitos en VERTICAL e o noso querido Arnaldo ten que aparecer nelas. A portada que resulte gañadora terá que ser entregada no cole para a maquetación das axendas do vindeiro curso. Non vos esquezades de darlle cor!
Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as fotos das vosas montaxes. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027
DESPOIS DE 9 ANOS...
REMATAMOS CONFINADOS
Unha actividade única e exclusivamente para os nenos e nenas de 6º. Eles son os que, este ano, deixan o cole e por iso, dende a distancia á que nos obrigou estar esta situación, non queríamos perder a posibilidade de ofrecervos unha despedida diferente.
Propoñémosvos que vos gravedes facendo un vídeo moi especial de despedida. A vosa profe María José vaivos dar máis indicacións dende o seu blog "LUPA DIXITAL".
Lembrade gravar os vídeos de forma HORIZONTAL. Tedes ata este mércores (17-6-2020) ás 12 da noite para enviar as vosas despedidas. Por aquí vos deixamos o número de whatsapp do cole (é o máis cómodo) para que nolos fagades chegar: 696 107 027

¿POR QUÉ PEDIMOS...
VÍDEOS EN HORIZONTAL?
Sempre que vos pedimos vídeos para o cole insistimos e somos uns pesados nisto, en que sexan horizontais, pero e que esta petición é moi importante para que quede ben a montaxe. E que cando se grava ou se fai unha fotografía en horizontal a montaxe queda así...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTAS ÚLTIMAS PROPOSTAS!

OS PROFES TAMÉN ESTÁN ARGALLANDO UNHA SORPRESIÑA!

ESTADE MOI ATENTOS!

martes, 9 de xuño de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Moi bos días!
Hoxe queremos compartir con vós unha actividade que acaban de levar a cabo os nenos e nenas de 5º de primaria dende A VOZ DE ARNALDO!

Porque como dicíamos hai uns días a Arnaldo non o para nen unha cuarentena e porque dende as nosas casas podemos seguir facendo radio e actividades moi moi chulas entre todos!
Dende a área de lingua castelá queremos compartir con vós este contiño....
Unha pequena homenaxe a Ricardo Carballo Calero, homenaxeado este ano polas Letras Galegas...
Por aquí vos deixamos o programa de radio...
E tamén un vídeo por se o preferides ver e escoitar noutro formato...

Desexamos que vos guste!

luns, 8 de xuño de 2020

ÚLTIMO BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS (INFANTIL)

Queridas familias:

Quen nos ía a dicir o 12 de marzo que esa despedida era para tanto tempo? E aquí estamos, case 3 meses despois enviando o último boletín de actividades de infantil. Cada un destes boletíns foi feito con moito cariño para poder seguir, de algún xeito, en contacto con cada neno e nena aos que tanto botamos en falta. As tecnoloxías foron un recurso imprescindible para poder seguir en contacto, pero nunca substituirá o cara a cara que tanto desexamos recuperar!!! 

Esperamos que desfrutedes con estas últimas propostas, e, aínda que a próxima semana non haberá boletín de infantil, tamén publicaremos o luns pero haberá sorpresas!!!



Aquí vos deixamos os enlaces aos diferentes boletíns. Botádelle un ollo ao blog de orientación que esta semana a profe Laura pon unha actividade moi interesante para infantil.

Picade nas imaxes que vos correspondan e accederedes directamente a cada información.

http://infantilseixo.blogspot.com/2020/06/ultimo-boletin-actividades-3-anos.html

http://infantilseixo.blogspot.com/2020/06/ultimo-boletin-actividades-4-anos.html

http://infantilseixo.blogspot.com/2020/06/ultimo-boletin-actividades-5-anos.html
 
https://fatima-vidal.blogspot.com/

E coma sempre, non esquezades que cada día que pasa é un máis pero tamén un menos para o regreso á normalidade. 

Ánimo e responsabilidade !!!

ÚLTIMO BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS (PRIMARIA)

Moi boas! Isto xa remata! Por aquí vos deixamos o último boletín de actividades para esta semana.
A semana que vén tamén publicaremos o luns pero haberá sorpresas!!! 
Picade nas imaxes que vos correspondan e accederedes directamente a cada información.

Deixamos actividades e suxestións para traballar na casa, dentro das vosas posibilidades e sen esquecernos que esta situación segue sendo complicada para todos e todas, e por suposto tamén para os nenos e nenas.







ÚLTIMO BOLETÍN ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER

Hola! Esto ya se acaba! Por aquí os dejamos las últimas actividades para el tiempo libre y de descanso de esta semana.
La semana que viene también publicaremos el lunes pero habrá sorpresas!!! 



Seguimos compartiendo con todos, propuestas, juegos y actividades que os ayuden a vivir esta desescalada con el mayor ánimo posible. 

RECORDAD que todas ellas son para vuestros momentos de tiempo libre, fin de semana o cualquier otro momento que vosotros deseéis...



MÚSICA

(profe.tano.seixo@gmail.com)
Hola!
Por aquí os dejo la última propuesta para este curso. Espero que la disfrutéis y que por supuesto tengáis unas muy Felices Vacaciones!
Disfrutad de la música con un vaso
(PINCHAD EN LA IMAGEN)



EDUCACIÓN FÍSICA

(profe.natalia.seixo@gmail.com)


¡¡¡ESTA SEMANA VA DE PALAS Y RAQUETAS!!! 
Aquí os dejo unos divertidísimos vídeos sobre el tenis:
(PINCHAD EN LAS IMÁGENES)


Y ahora toca practicar……
1.- Con una raqueta y una pelota soy capaz de: 
-Golpear verticalmente con trayectorias cortas.
-Golpear verticalmente con trayectorias altas.
-Golpear alternando una trayectoria corta con una alta.
-Golpear alto acompañando el golpeo con el brazo.
-Golpear alto acompañando el golpeo con la muñeca.
-Golpear sentado.
-Golpear de revés.
-Golpear hacia arriba, una vez del derecho y la siguiente del revés.
-Golpear consecutivamente intentando arrodillarse y levantarse.
-Golpear desplazándome hacia delante y hacia detrás.
-Golpear la pelota contra la pared simulando un saque de tenis.
-¿Quién aguanta más golpeos con la pelota en el aire?

2.- Por parejas golpear alternativamente con las raquetas, intentando que no se caiga al suelo.





RELIXIÓN CATÓLICA

(profe.sabela.seixo@gmail.com)

Hola chicos, hemos llegado al final del curso y tenemos por delante un verano muy especial. En este último boletín os voy a proponer una actividad no sólo para esta semana sino para todo el verano.

Recordareis que os hablaba de que Dios es "vergonzoso" y se esconde en las cosas pequeñas y nos cuida por medio de las personas que nos rodean y de los "milagritos" de todos los días. (La Providencia, recordáis???)
Pues tenemos que "encontrarlo": ser conscientes de Su presencia y cubrir un "Registro de Dones" (fecha, lugar y en qué consistió). Tenemos que apuntar todos los momentos en que sintamos la presencia de Dios: situaciones de Reino de Dios, maravillas que ha creado (recordáis lo que os digo siempre de las puestas de sol???), salir airoso de situaciones complicadas, ...
Dedicaremos las primeras clases del próximo curso a la puesta en común.
Ya me despido deseándoos un maravilloso verano y esperando que este bicho se achicharre con el sol para poder, en septiembre, achucharos a todos. Para lo que queráis estoy en el correo, también en vacaciones. Muchos, muchos besos.




RELIXIÓN EVANXÉLICA

(profe.sandra.seixo@gmail.com)

Hola valientes!!!
Estamos llegando al final del curso 2019-2020! 

Os habéis esforzado mucho y habéis sido muy valientes!

Ya sabéis que... 

DIOS OS AMA MUCHO!!!


 
Y YO TAMBIÉN!!!
Os mando un abrazo enorme!
Que disfrutéis mucho las vacaciones! 
La profe Sandra ☺




DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
(profe.lourdes.seixo@gmail.com)
(profe.olaia.seixo@gmail.com)
(profe.alberto.seixo@gmail.com)
(profe.laura.seixo@gmail.com)


Nesta nova semana do mes de xuño e co cole xa rematando, desde o Departamento de Orientación queremos aportar as seguintes actividades que a profe Laura preparou con moito agarimo.

Gustaríanos que esta semana vos relaxarades tod@s, sempre con sentidiño, despois dun gran traballo e esforzo realizado, mereceu a pena, sodes tod@s uns campións! 

Agora, lede atentamente estas instrucións e preparádevos tod@s para pasalo xenial!

Ola nenas e nenos, esta semana imos facer algo diferente: soprar en labirintos e pescar! Precisaremos como material: palliñas, unha pelotiña (vale de papel, algodón,...), plastilina, papel e moita imaxinación. Faredes labirintos ou estradas por onde teredes que levar a boliña, xa sexa soprando coa boca ou pola palliña. A ver quen chega primeir@!! (mándovos unhas fotos para que vos fagades unha idea das distintas opcións...)


Logo tocará pescar!!! e podemos pescar peixes (como na foto) coches, flores, ... o que vós queirades!
Teredes que coller as figuriñas de papel coa palliña e metelas ou levalas a outro lugar. Como?, Pois chupando pola palliña como se beberades . Quen será capaz de pescar máis cousas? Ánimo.
Desexamos que teñades un verán moi feliz cos vosos seres queridos e que en setembro volvamos con forzas renovadas á escola.
Sen máis, un saúdo enorme de todo o equipo que forma o Departamento de Orientación. Esperamos que tod@s esteades ben.
Unha aperta moi grande!