Amosando publicacións coa etiqueta infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta infantil. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2026

PDI infantil: De Marín para o mundo.

 O alumnado de infantil aproveitamos o tema da PDI deste ano para investigar sobre o lugar no que vivimos, Seixo e Marín.

 Aproveitamos sobre todo para vivir de preto a nosa contorna, a través das saídas as carballeiras, ao souto, ao río Loira e os seus muíños,  ao parque da Brea (a montaña máis alta de Seixo), a lagoa de Castiñeiras e a zona comercial de Seixo. 

 


 

 



  

 









 
 

Traballamos ao longo do curso os establecementos, a contorna natural, lugares turísticos e localidades da zona.
 Os nenos e nenas de 5 anos traballaron o río loira e as comarcas que compoñen o núcleo de Seixo.
 

 
As familias de 4 anos visitaron coas mascotas da aula, Dino e Dina, todos os lugares máis importantes da nosa vila e mostráronnolas a través de fotografías que recollemos no mural viaxeiro de Arnaldo.
 

 E recollemos todos os lugares importantes que visitamos nun gran rueiro que elaboraron os peques de tres anos:
 
 
 

luns, 1 de xuño de 2026

INFANTIL VIAXA AO GROVE

O alumnado de infantil pasou un día marabilloso no Grove coñecendo o acuario:


 
Gozamos dunha viaxe en catamarán pola ría, e puidemos ver as bateas dende cerca e con visión submarina!

 


 Ata bailamos unhas cantas pezas!!

 

Despois achegámonos ata a Illa da Toxa para xantar:

E despois veña a xogar!!
Primeiro no parque:

E despois na aldea Grobit:



 
¡¡¡Pasámolo en grande!!!

venres, 22 de maio de 2026

O ALUMNADO DE INFANTIL INVESTIGA NO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Dentro do PDI deste ano "As Viaxes de Arnaldo" o alumnado de infantil continúa investigando a contorna e por iso visitaron no día de hoxe O Lago de Castiñeiras...
Unha mañá descubrindo moreas de cousas...
Cun roteiro...
Tampouco podía faltar o tempo para a merenda...
E o tempo de lecer...
Pasámolo xenial e desfrutamos e aprendemos moito...

mércores, 8 de outubro de 2025

VIVE O RURAL: COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VISITANDO A GRANXA ESCOLA SARENTELLOS

Dan man da Deputación de Pontevedra e grazas ao
PROGRAMA VIVE O RURAL
o alumnado do noso cole ven de participar dunha xornada moi moi chula na
GRANXA ESCOLA SERANTELLOS (Cambados)
Participamos en talleres:


Démoslle de comer a moitos animais:
Pasámolo pipa durante a comida:
E ata fixemos pan!


Unha experiencia inesquecible gracias á colaboración da Deputación de Pontevedra co seu programa VIVE O RURAL.