Hoxe remata o primeiro trimestre no que nos sentimos intensamente orgullosos de noso alumnado e so temos palabras de agradecemento para eles. Sen dúbida foi un trimestre do máis raro... un trimestre con máis limpeza e desenfección que nunca... con hidroxel... máscaras.... un trimestre no que non puidemos achucharnos, no que tivemos que aprender a non compartir nin xoguetes nin merenda nin nada... no que non puidemos saudar aos nosos irmáns no recreo, nin xogar cos da clase do lado...
Sen dúbida non esqueceremos este 2020... pero tamén o imos recordar por ser o ano no que demostramos que, aínda que somos pequenos, entendemos moi ben as cousas e sabemos adaptarnos cando fai falta, o ano no que reinventamos os xogos e inventamos formas de dar apertas sin tocarnos... somos a repera!!!
E como este ano non puidemos facer festival de Nadal, preparamos, coa profe de música, unha panxoliña moi especial... porque non importa que non poidamos xuntarnos e que teñamos que tapar a boca coas máscaras... buscamos a forma de xuntos gritar ben forte que nunca perderemos a ilusión e a esperanza. Desexamos que vos guste!
Estade atentos ao blog porque durante as vacacións iremos poñéndonos ao día e contándovos moitas cousas que estivemos facendo.
Despedímonos cun vídeo que nos gustou moito, feito con gracia e moito sentidiño... mirádeo en familia e facédelle caso para desfrutar a tope estes días!!
Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos afortunados de formar parte).
Mandamos unha gran aperta a Anum Zahra, unha ilustradora nobel con moito futuro, que nos agasallou coa fermosa ilustración das guías: moitas grazas!
Este ano o lema é: "Move o corazón da túa vila, visita a túa libraría". Máis que nunca, animámosvos a mercar na vosa vila e apoiar o comercio local. Temos moitas librarías cerquiña da casa que nos darán un trato persoal e moito máis cercano... aproveitadeo!
As guías, que todo o alumnado levou para as súas casas, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, dos últimos 12 meses, as cales vos daran moitas ideas para os agasallos de Nadal.
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas que vos farán medrar a todos!
Aquí as tendes, para compartir e que cheguen moi lonxe.
Neste cartel podedes ver todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe.
Hoxe temos unha cousiña moi importante para todas e todos!
En colaboración co noso Concello pedímosvos axuda para participar na...
Unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, na que, por suposto, o noso cole tamén vai participar!
Unha campaña que vai consistir na recollida de alimentos non perecederos, de produtos de Nadal e de produtos de hixiene e limpeza.
Durante a semana do 14 ao 18 de decembro, poderedes aportar algún produto, e o día 18 ou 21, unha persoa do Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as 6 ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA, AMENAC e SOS).