Amosando publicacións coa etiqueta abril dos libros e maio das letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta abril dos libros e maio das letras. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de xuño de 2023

FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS! "Camiñamos coa Lingua"

Este ano, para celebrar o día das letras galegas, fixemos unha festa moi especial na que todos, alumnado e profesorado, desfrutamos xuntos dunha xornada chulísima que nos encantaría repetir o próximo ano. Comezamos facendo unha andaina polo galego, lucindo os carteis tan chulos que fixemos, ata A Pradeira onde compartimos merenda, xogos... pasámolo xenial!


E alí tamén desfrutamos moito bailando e cantando en galego con Cé Orquestra: pasámolo pipa!!! 


Graciñas á igrexa evanxélica de Marín por deixarnos A Pradeira para desfrutar deste día tan especial!

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Hoxe celebramos o día das letras galegas, que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego (Don Paco). Pero non so o celebramos hoxe, gustaríannos que todos os días fosen festa do galego e que cada día o falásemos máis.
Este mes esta especialmente adicado ao galego e por iso, ademais de investigar e xogar en torno á figura de Don Paco, tamén estamos vivindo unhas semanas moi especiais preparando, voluntariamente, contos para os compañeiros. Neste vídeo podedes ver un pouquiño, e xa vos contaremos máis porque esta sendo unha actividade moi especial. Que vivan os contos en galego! Que viva o galego!



luns, 24 de abril de 2023

ERRE QUE ERRE NA SEMANA DO LIBRO

Unha das semanas máis especiais do ano é a semana dos libros, e, un ano máis, desfrutámola a tope.
Ademais das actividades que se fixeron en cada aula, fixemos dúas, para todo o alumnado, que foron moi especiais. 
Unha delas xurdiu pensando como facer que fose unha semana RqueR. A proposta consistía en buscar libros que tiñamos na casa aos que xa non lle facíamos moito caso e darlles unha nova vida facendo un amigo invisible. Todos trouxemos libros, empaquetados con xornais e papeis vellos, e todos levamos un libro para casa. Moitos libros comezaron unha segunda vida!!!


E por fin, cun curso que comezou sen restricións, puidemos volver a facer o apadriñamento lector que tanto desfrutamos, no que os maiores contaron contos aos pequenos e xuntos fixeron ilustracións. Foi unha actividade preciosa nun marco marabilloso como é o noso patio. Somos moi afortunados.
 

sábado, 24 de abril de 2021

ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

Moi boas amiguiños!
Esta foi unha semana chea de actividades... Días atarefados con moitas propostas que vos iremos amosando ao longo destes días...
Unha semana na que todo xirou arredor dos libros e da celebración do pasado venres día 23 de abril...
A Biblioteca de Arnaldo, como non podía ser doutra forma... como centro de toda a actividade do cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo no que se amosa un anaquiño do traballo que fixemos: marcapáxinas, bibliopatio, roses for you!, eu propóñoche..., booktubers, o meu libro favorito, decoración das entradas, descrubrindo novos xogos...

sábado, 23 de maio de 2020

CONTOS COMPARTIDOS XIII

Moi bos días!
Con motivo do DÍA DO LIBRO, xa hai cousa de algo máis de un mes, daba comezo esta actividade que demos en chamar...
CONTOS COMPARTIDOS
Na entrega de hoxe o conto compartido corre a cargo de...
Con él damos por rematada esta sección e só podemos darvos as gracias a todos e todas pola vosa participación. Contos e máis contos que, xuntos e compartindo, nos fixeron viaxar por lugares moi diversos....
Hoxe o profe Tano vainos a contar...
Por aquí volo deixamos, desfrutade moito!

GRAZAS PROFE TANO!
GRAZAS A TODOS E TODAS!

venres, 22 de maio de 2020

xoves, 21 de maio de 2020

luns, 18 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

COÑECENDO A RICARDO CARBALLO CALERO

Como sabedes estamos en maio das letras, na semana das letras galegas, tristes por non poder celebralo xuntos pero agradecidos por poder facelo a distancia.
Imaxe de primaveradasletras.gal
Nos gustaría que coñezades un pouco ao protagonista das letras galegas deste ano, por iso vos animamos a ver este video que comparten dende o CEIP “Frei Luis de Granada”, en Sarria. É un xogo-canción para darnos a coñecer datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero. Cantade e repetide con elas que é unha canción moi pegadiza!!


E agora invitámosvos a desfrutar con este xogo emocionante no que entraredes na casa de Carballo Calero e teredes que descifrar un código para poder saír... e de paso coñeceredes un pouco máis sobre a súa vida.
Deixámosvos o xogo en dous niveis, este para infantil (con axuda) e os máis peques de primaria:

Para primaria:





Tamén vos animamos a todos a coñecer un conto de Calero: AS PITAS BAIXO A CHOIVA. Esta versión foi montada polos profes do CEIP Vilaverde.

Estivestes moi atentos? pois agora vos animamos a lanzar os dardos neste xogo, a ver si tendes sorte e dades en todas as dianas!!!





E dende a páxina de Primavera das letras nos deixan outro xogo con preguntas sobre este conto, se vos animades premede nas pitas e desfrutade!

Este conto de Calero ata ten música!!
E para os máis valentes, premendo na imaxe tendes o conto completo escrito por Ricardo.

A VOZ DE ARNALDO NA CORENTENA

Hoxe non hai traballo dos titores! Hoxe toca prestar moita atención e animarse a participar no que vos imos propoñer!
A nosa emisora leva demasiado tempo parada e Arnaldo xa non aguanta máis! Precisa a vosa axuda, a de todos: alumnado e profesorado, para que as ondas de Seixo se enchan de galego... 

e que mellor día que o 17 de maio? Lembrades que pasa ese día...? 

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

(Imaxe de primaveradasletras.gal)
Por iso vos queremos propoñer elaborar un programa super chulo en A VOZ DE ARNALDO dende as nosas casas!
É moi doado! Só teredes que coller os vosos teléfonos móbiles, gravar un audio no whatsapp e envialo ao seguinte teléfono do cole: 696 10 70 27. 
Tendes todo o día de hoxe, venres 15, para facelo.

É moi sinxelo, fixádevos ben e seguide o seguinte exemplo:
EU SON..... (nome de cada un) DE.... (dicir o nome da clase) E A PALABRA GALEGA QUE MELLOR ME DEFINE É... (cada un ten que dicir nunha palabra en galego)

Exemplo do Profe Tano:
EU SON TANO PROFE DE MÚSICA E A PALABRA QUE MELLOR ME DEFINE É FESTEIRO.
Exemplo dun alumno/a:
EU SON CAYETANO DE 3º E A PALABRA QUE MELLOR ME DEFINE É AGARIMO.

*Lembrade que tendes que facelo e envialo durante o día de hoxe, venres 15*
ANIMÁDEVOS! 
XA VEREDES QUE PROGRAMA MÁIS CHULO IMOS MONTAR! 

xoves, 14 de maio de 2020

mércores, 13 de maio de 2020

martes, 12 de maio de 2020

PROFE, E AGORA QUE FAGO?

Moi boas!
Hoxe queremos compartir con vós un material moi moi chulo!
Grazas ao traballo feito por JOSÉ CARLOS ROMÁN e DAVID LORENZO, coa colaboración de...
hoxe imos poder desfrutar duns contiños moi pero que moi epeciais.

Un traballo dedicado a todas as nenas e nenos, familias e docentes que, con tanto esforzo, lograron que este virus non nos impida seguir a aprender desde a casa.

Por aquí volos deixamos, por certo, en GALEGO, CASTELÁN e INGLÉS!


Moitas gracias José Carlos e David por este traballo compartido tan xenial!

domingo, 10 de maio de 2020

O PAPAGAIO Nº 8

Bos días rapaces!
Arrancamos o mes das Letras Galegas coa fase 0 da desescalada pero hoxe, dende AS PEGADAS DE ARNALDO queremos compartir con vós unha das revistas máis molonas da nosa biblio...
que gracias á editorial...
nos publican, en modo dixital, o número de maio para que o poidamos ver dende as nosas casas xa que, polo de momento, na Biblio de Arnaldo non é posible...
Dende O Papagaio tamén nos envían unha mensaxe de ánimo e forza diante deste incerto camiño que nos ten que levar dende o illamento ate a "nova normalidade".
Por aquí vos deixamos a revista! Que a desfrutedes!
GRAZAS PAPAGAIO!

sábado, 9 de maio de 2020

venres, 8 de maio de 2020

TRABALENGUAS - 4º PRIMARIA

Moi boas a todas e todos!
Hoxe queremos compartir con vós unha actividade moi chula que levaron a cabo os nenos e nenas de 4º de primaria a través da clase de lengua castellana e coa coordinación da súa profe Paloma.
Fannos chegar este fermoso vídeo! 
Desexamos que vos guste!

xoves, 7 de maio de 2020

mércores, 6 de maio de 2020

domingo, 3 de maio de 2020

sábado, 2 de maio de 2020