Amosando publicacións coa etiqueta correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta correlingua. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de maio de 2019

FIN DE FESTA CORRELINGUA 2019

Despois da camiñata puidemos bailar e cantar con CÉ ORQUESTRA PANTASMA. Deixámosvos un pequeno vídeo dunha pequeniña parte da actuación que vivimos en directo!
Él foi quen deu paso á LECTURA DO MANIFESTO, feito polas alumnas e alumnos dos IES do Concello de Cangas...
E por último deron paso á presentación de...

Aquí poderedes ver unha morea de fotos do ben que o pasamos no Concerto!!!
Queremos compartir con vós estes pequenos vídeos das cancións desta banda tan molona do Correlingua 2019 en Cangas:



Tivemos a sorte de poder facernos unha foto con eles antes de voltar para casa!
Gracias Uxía e Banda Molona! Ata outra!

CORRELINGUA 2019

O pasado Xoves día 2 de maio os nenos e nenas de Infantil e 4º e 5º de primaria desfrutamos dun día marabilloso en Cangas:
Un día de celebracións e festividades en torno á nosa lingua porque...
O GALEGO É A FÓRMULA!!!
O encargado de presentar todo o evento foi...
Máis tarde chegaría a actuación de...
Mentres os máis maiores foron a camiñar pola lingua, os pequeniños participaron nun taller con obradoiros e xogos.
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que se lles ve desfrutando:

E como vos dicía... os maiores pasearon pola rúas de Cangas baixo o lema...
Aquí tendes uns vídeos no que veredes o ben que o pasaron!
Queredes pasear cos nenos e nenas de 4 e 5 anos polas rúas de Cangas? Mirade este vídeo!
Como animan e que ben tocan os Gaiteiros do Ío!

luns, 7 de maio de 2018

CORRELINGUA 2018

Un ano máis unímonos á festa do galego que este ano se celebrou en Bueu. O lema da 18ª edición do correlingua foi: A LINGUA NON PARA!

O correlingua é unha reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Nenos e nenas dende infantil ata secundaria nos xuntamos para gritar ben forte que "A lingua non para". Xuntos fixemos unha marcha e rematamos bailando e saltando con Paco Nogueiras. (Recordamos AQUI a súa visita ao noso cole e AQUI a entrevista na Voz de Arnaldo)

Unha vez máis Paco nos agasallou con música divertida en galego... sempre consegue animarnos: pasámolo pipa!!! Mirade neste vídeo canto bailamos....


Aquí vos deixamos un montón de fotos como recordo de este día de festa... por suposto a música é de Paco Nogueiras.... grazas Paco por unha banda sonora tan chula! 

En galego: meu o mundo é!!!

domingo, 14 de maio de 2017

CORRELINGUA 2017

O 9 de maio celebrouse en Moaña o correlingua 2017 co lema: EN GALEGO SEN CANCELAS.
Os maiores fixeron unha marcha en defensa da lingua mentres os máis peques aprenderon algunha coreografía para o concerto de Pablo Díaz que desfrutamos todos xuntos.
Aquí vos deixamos un resumo en fotos: QUEREMOS GALEGO!





Mirade canto bailaron os peques!

xoves, 4 de maio de 2017

AO CORRELINGUA CON MOITA MARCHA

O próximo martes día 9, celebrarase o Correlingua en Moaña. Este ano Pablo Díaz e a súa banda serán os encargados de animar a festa do galego. 

 
Os nenos e nenas de 6º do CEIP Seara inventaron unha pequena coreografía para o tema "Queremos galego". Os nenos e nenas do cole levamos semanas preparando este baile coa profe Rosa, aquí o tendes por si queredes practicar na casa. 

venres, 3 de xuño de 2016

CORRELINGUA 2016: O GALEGO ESTÁ EN NÓS

Por fin o tempo deixounos celebrar o correlingua e festexar o noso orgullo polo galego: a lingua que nos fai únicos.


Todo o cole viaxamos a Cangas para xuntarnos con moitos coles do Morrazo.


Aquí deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. A música de fondo é de A Gramola Gominola, o grupo que nos fixo bailar.



Mirade que marchosos son os máis peques do cole!!



Despois de moito ensaiar, hai que ver que ben recitan os de 5 anos O CUCO de Manuel María xunto cos demais nenos do Morrazo.



Grazas a tantos compañeiros e compañeiras que traballaron incontables horas extras para que todo saíse de marabilla. 



NON OLVIDES QUE O GALEGO ESTÁ EN NÓS!! 
BUSCA O GALEGO QUE LEVAS DENTRO!

sábado, 23 de maio de 2015

CORRELINGUA 2015

O 13 de maio, unímonos a festa da lingua galega que se celebrou, un ano máis, en Bueu.
Disfrutamos dunha xornada de xogos, música, camiñata... e de moooooooita calor!!
Aquí tendes algunhas fotos que resumen esta xornada.



E un pequeno vídeo con algúns momentos do concerto de Paco Nogueiras e os peques bailando...



As camisetas que lucimos con palabras en galego, son o resultado de poñer unhas camisetas vellas nas masn duns grans artistas. Aquí podedes ver como quedaron algunhas das de infantil:


martes, 5 de maio de 2015

CANTANDO CANTANDO E COA LINGUA PRACTICANDO

Aquí vos deixamos outra canción do BRINCA VAI de Paco Nogueiras para que sigades practicando para o concerto do correlingua... falta moi pouquiño!!!

luns, 20 de abril de 2015

QUEDA MENOS PARA O CORRELINGUA 2015!

Cada día falta menos para o Correlingua 2015: "Galego, a nosa creación común". 
Como outros anos, participaremos nesta festa pola lingua galega compartindo unha xornada especial con outros colexios do Morrazo.


Entre outras actividades teremos un concerto de Paco Nogueiras, coñecédelo? iremos compartindo algunhas cancións para practicar e poder cantar moito cando o escoitemos en Bueu.