martes, 30 de setembro de 2014

ANO DO MAR EN SEIXO

Se vos fixades nesta imaxe de google maps, abaixo, na esquina esquerda, está rodeado o noso cole.
Vendo a nosa situación.... non hai dubida de algo marabilloso que temos moi cerquiña nosa: O MAR


Por iso este ano eleximos O MAR como tema central do cole... polo importante que é para nos e as nosas familias.

Todas as clases do cole investigaremos sobre diferentes temas relacionados co mar, e faremos moitas actividades conxuntas entorno a este tema.

Seguide a nosa pista: iremos contando as aventuras que viviremos no mar de Seixo e os descubrimentos que faremos coas nosas investigacións. 

mércores, 24 de setembro de 2014

BIBLIOTECA NOVA!

Queredes ver como foi todo o proceso ata chegar á Biblioteca que temos hoxe en día no cole?
Mirade o vídeo...canto traballo e cantos cambios!!


martes, 23 de setembro de 2014

ILUSIONADOS COS CAMBIOS NA BIBLIO

Recordades como era a nosa biblioteca?


Despois de moito traballo, horas de adicación e esforzo ilusionado... a nosa biblio está renovada: outra situación, mais luz, mais espazo... 


Aínda queda moito por facer pero seguimos con ganas e ilusión de mellorala para que os nenos e nenas devoren mais e mais libros cada día. 


xoves, 18 de setembro de 2014

ESTREAMOS NA REDE: "AS PEGADAS DE ARNALDO" . BENVIDOS

Ola a todos, son a mascota da biblio do cole de Seixo: Arnaldo León, o lagarto que mais le en todo o mundo!. 



Encántame vivir neste cole e compartir mil historias cos nenos. O que mais me gusta facer é pasear polos libros e vivir mil aventuras. 


"As pegadas de Arnaldo" é o nome da revista que cada ano facemos no cole, e agora gustaríanos contarvos cousas durante todo o ano, por iso, como son un lagarto moi curioso e activo, vin pasear pola rede.

Este blog, coordinado polo Equipo de Biblioteca e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quere ser unha xanela sempre aberta para que poidades ver os incribles traballos que fai o noso alumnado, compartir recursos educativos que atopamos pola rede e para ensinarvos materiais elaborados no cole, esperando que sexan útiles para todos. 


Estades todos convidados a visitarnos cando queirades. Espero que nos vexamos a miudo!!

Engánchate con nós á lectura e ao galego!