Amosando publicacións coa etiqueta viveiro de cidadanía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viveiro de cidadanía. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2020

CONTOS COMPARTIDOS XIII

Moi bos días!
Con motivo do DÍA DO LIBRO, xa hai cousa de algo máis de un mes, daba comezo esta actividade que demos en chamar...
CONTOS COMPARTIDOS
Na entrega de hoxe o conto compartido corre a cargo de...
Con él damos por rematada esta sección e só podemos darvos as gracias a todos e todas pola vosa participación. Contos e máis contos que, xuntos e compartindo, nos fixeron viaxar por lugares moi diversos....
Hoxe o profe Tano vainos a contar...
Por aquí volo deixamos, desfrutade moito!

GRAZAS PROFE TANO!
GRAZAS A TODOS E TODAS!

venres, 22 de maio de 2020

xoves, 21 de maio de 2020

luns, 18 de maio de 2020

sábado, 16 de maio de 2020

UN SEN SENTIDO

Moi bos días!
Para hoxe temos unha sorpresa moi grande! Somos uns afortunados!
TARABELOS ven de compartir un conto moi fermoso!!!
E xa que non podemos desfrutar del e das súas actuacións en directo, podemos facelo dende as nosas casas grazas a esta iniciativa.
Esteban, moi coñecido polo profesorado e o alumnado do cole por axudarnos en moitas cousas, comparte con nós un precioso e emocionante conto chegado do futuro! Un conto para pensar!
Dende a Biblio de Arnaldo e dende os equipos de EDLG e BIBLIO tan só podemos felicitar a Esteban, de TARABELOS, por tan magnífico traballo e convidarvos a escoitalo, porque estamos seguros de que vos vai encantar e a emocionar!
Podedes escoitalo premendo na imaxe, e se vos gusta tamén o podedes compartir!
GRAZAS ESTEBAN, 
GRAZAS TARABELOS!

xoves, 14 de maio de 2020

mércores, 13 de maio de 2020

martes, 12 de maio de 2020

PROFE, E AGORA QUE FAGO?

Moi boas!
Hoxe queremos compartir con vós un material moi moi chulo!
Grazas ao traballo feito por JOSÉ CARLOS ROMÁN e DAVID LORENZO, coa colaboración de...
hoxe imos poder desfrutar duns contiños moi pero que moi epeciais.

Un traballo dedicado a todas as nenas e nenos, familias e docentes que, con tanto esforzo, lograron que este virus non nos impida seguir a aprender desde a casa.

Por aquí volos deixamos, por certo, en GALEGO, CASTELÁN e INGLÉS!


Moitas gracias José Carlos e David por este traballo compartido tan xenial!

sábado, 9 de maio de 2020

venres, 8 de maio de 2020

TRABALENGUAS - 4º PRIMARIA

Moi boas a todas e todos!
Hoxe queremos compartir con vós unha actividade moi chula que levaron a cabo os nenos e nenas de 4º de primaria a través da clase de lengua castellana e coa coordinación da súa profe Paloma.
Fannos chegar este fermoso vídeo! 
Desexamos que vos guste!

xoves, 7 de maio de 2020

mércores, 6 de maio de 2020

domingo, 3 de maio de 2020

sábado, 2 de maio de 2020

venres, 1 de maio de 2020

FELIZ DÍA DOS MAIOS

Moi boas!

FELIZ DÍA DOS MAIOS


Por aquí vos deixamos o vídeo que montamos con todas as vosas creacións e que estivemos recibindo ao longo destes días.
Desexamos que vos guste e que desfrutedes moito véndoo!
Menudos artistas temos en Seixo!


E tamén vos deixamos por aquí algúns traballos que aínda que chegaron con todo pechado non queríamos deixalos atrás...



Grazas a todos por colaborar e por facer posible esta celebración conxunta na distancia!

xoves, 30 de abril de 2020

venres, 24 de abril de 2020

CONTOS COMPARTIDOS I

Moi bos días!
E como o prometido é débeda por aquí temos unha sorpresiña en forma de conto para vós...
Con motio do día do libro Arnaldo estivo recibindo moitos contos que agora queremos compartir con vós e hoxe, como podedes ver, é o turno da profe Laura que nos vai contar...
Por aquí volo deixamos, desfrutade moito!


Grazas PROFE LAURA!

xoves, 23 de abril de 2020

REIVINDICACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO

Os profes do cole participaron nunha actividade proposta por Bibliotecas Escolares de Galicia e que mellor data que a de hoxe para compartilo con todas e todos vós...
Neste día do libro estraño e diferente queremos reivindicar:
- O LIBRO que nos acompaña máis que nunca, que nos illa, que nos emancipa, que nos libera, nos atrapa, nos sacude, que nos remove, que nos fai poñer os pés na terra e que nos permite viaxar.
- OS AUTORES E AUTORAS: traballadoras e traballadores que nos agasallan con momentos de liberdade absolutos, Non permitamos que as súas creacións perdan valor nunha liquidación dixital.
- AS LIBRARÍAS: espazos máxicos e misteriosos nos que vovleremos a perdernos, que nos acollen, que nos aconsellan e que nos sorprenden. Que coñecen as nosas necesidades, as dos nosos alumnos e alumnas e as necesidades das nosas bibliotecas.
Máis que nunca precisamos saber onde estamos e cara onde imos...
Máis que nunca precisamos da lectura!

Queremos agradecer ao Equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia por tan fantástica iniciativa e por tan boa reflexión que aquí quixemos lembrar e compartir coa nosa comunidade!

FELIZ DÍA DO LIBRO

Moi boas a todos!
Hoxe é un día moi especial, hoxe celebramos....

O DÍA DO LIBRO
No seguinte vídeo queremos presentarvos as recomendacións que nos enviástedes ao longo de todos estes días... moitísimas gracias pola vosa participación!
Tan axiña como volvamos ao cole os libros da nosa biblio estarán repletos de códigos QR coas vosas gravacións!
Prestade moita atención e desfrutade con todas as lecturas que vos queren compartir!

Estade ben atentos ao longo de todos estes días porque iremos vendo contos moi chulos que Arnaldo estivo recibindo...
Ides desfrutar moitísimo!!!

xoves, 2 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase o día do libro infantil e xuvenil e de xeito especial temos moita morriña de estar con Arnaldo... él tamén esta na súa casa, a biblioteca. Certo é que está moi ben rodeado con moitos contos e libros marabillosos. Que ganiñas de volver ao cole para seguir desfrutando de tantas lecturas compartidas, que é como mellor saben!!


Mentres non podamos estar na biblio lendo, recomendámosvos que o sigades facendo con todos os libros que tendes na casa ou con moitos recursos que diferentes páxinas están poñendo a nosa disposición. Unha delas é Kalandraka, que no seu canal de TV nos ofrece moitos contos para desfrutar. Aí na imaxe vedes algúns, pero hai moitos máis (en galego e castelán). Premede na imaxe para poder acceder.


Que non se vos os esqueza que LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS! Nos soñamos con vervos pronto: ánimo que todo isto pasará!
#ARNALDOEOSDESEIXOQUEDAMOSNACASA